O día 2 de xuño, o alumnado de 1º, 2º de Primaria e tres mestras foron de excursión á granxa escola "Ría del Eo" en Castropol, Asturias.
Ao chegar, amasaron pan e fixeron boliños. Viron coellos, galiñas, galos, cabras, un poni, un burro, a horta, plantas aromáticas, plantaron leitugas no invernadoiro, xogaron polo campo, entre eles e cos cans. Explicáronlles para que servían os apeiros de labranza que tiñan nunha exposición. Fixeron candeas, explicáronlles algo das abellas, comeron e montaron a cabalo.
Estiveron divididos en dous grupos con cadansúa monitora que lles ía explicando todo o que vían.
Despois da merenda, regresaron a Foz.
GOZAMOS MOITÍSIMO!!!
Para máis información podedes visitar a súa páxina web:
Ningún comentario:
Publicar un comentario