11/29/2013

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, día mundial contra a violencia de xénero, os nosos rapaces traballaron nas súas aulas con diferentes aspectos para concienciar sobre ésta triste realidade. Cada aula tivo que elaborar un ou varios carteis relacionados, para colocalos nunha exposición final que situamos na entrada do edificio principal do colexio.
As tematicas traballadas foron as seguintes:
- 1º curso: "Que fago coa miña ira?".
- 2º curso: "Agresividade física".
- 3º curso: "O insulto".
- 4º curso: "Que fago coa miña rabia?".
- 5º curso: "Que é a violencia de xénero?".
- 6º curso: "Discriminación entre amenaza e dereito a pedir".

CONTACONTOS INFANTIL

Os nosos rapaces de infantil volveron por segunda vez á biblio para ver e ler contos libremente, para escoitar o conto que temos preparado, facer a ficha relacionada e levar un préstamo persoal para as súas casas.

Nesta sesión os nenos de 3 anos escoitaron o conto "Tres osos" da editorial OQO e os nenos de 4 e 5 anos o conto "Avoa, xa non estás soa" da editorial Tambre.























11/27/2013

SAMAÍN 2013

Este ano, dende a biblioteca,  propuxemos un traballo de Educación Documental "O Samaín" no que pretendiamos informarnos das orixes celtas desta data. Todos os cursos puxéronse mans á obra e traballaron moito para coñecer máis a fondo os inicios desta tradición. Fixeron elementos decorativos para o centro, o alumnado de infantil participou coa súa tradicional exposición de cabazas de samaín e dende a biblioteca fixemos unha exposición de fondos e dalgúns productos de outono.

O día 30 de outubro reunímonos todo o colexio no salón de actos despois do recreo para conmemorar a data e dar a coñecer, presentar e expoñer os traballos realizados polas distintas aulas. Ademais dos traballos de educación documental tamén disfrutamos dunha dramatización do conto "Corre, corre Cabaciña" e a súa canción e outras historias contadas por alumnos de sexto curso.


11/26/2013

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Este ano tivemos un contacontos moi especial!!. Gonzalo, o pai de Alma de 4º, en colaboración cos profes Juan, Mari Paz e Noelia, contounos unha historia de príncipes e princesas de Foz onde os protagonistas eran o Rei Don Chicharrón e a súa filla a princesa Llas, unha historia inspirada no libro "Aventura na Mariña" de Eduardo Baamonde.