12/20/2025

LECTURAS COMPARTIDAS

 Un grupiño de rapazas e rapaces de 6º de Primaria, dos axudantes de biblioteca, prepararon unhas actividades para realizar co resto do alumnado do cole, na Hora de ler, na biblioteca e agrupados por Ciclos.

GOZARON MOITO!!!!























12/18/2025

NADAL 2025

Imos rematando o mes decembro e con el o traballo académico, as notas, as decoracións e as actuacións no Festival de Nadal.

Neste festival, actuaron os seguintes cursos (o día 17 para o alumnado e mestres do cole e o 18 para as familias):

4º de Educación Infantil fíxonos rir cunha canción titulada "Soy un muñeco de nieve".

O alumnado de 1º de Primaria representou a peciña titulada "A festa máis bonita".

Seguidamente  3º de Primaria agasallounos  con "Divertímonos coa publicidade".

Despois disto actuou 4º de Primaria cunha obra titulada "Xuízo a Papá Noel".

Por último 5º de Primaria representounos "Esspreso Navideño".

GOZAMOS MOITO!!! NORABOA E GRAZAS!!!

BOAS VACACIÓNS E BO ANO 2026


NADAL 2025 de Bibliochicharrón Foz

Bulos machistas nas redes

 O alumnado de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz número 1 e do CEIP o Cantel, xuntámonos para elaborar un podcast sobre os bulos machistas nas Redes Sociais.

Nel, falamos un pouquiño sobre o que é o machismo e os bulos, así como o que podemos facer para combatelos.

Queremos incidir na importancia de non difundir este tipo de noticias falsas que tanto dano poden causar.

Este traballo complementa as actividades realizadas no centro para o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero. 

 

 


12/16/2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 O 2025 vai rematando e achéganse o FESTIVAL DE NADAL e as RECOMENDACIÓNS LECTORAS para entreterse un pouco estas vacacións.

AGARDAMOS QUE GOCEDES CON TODO!!!


GUÍA DE LECTURA NADAL 2025 de Bibliochicharrón Foz

12/12/2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro conmemoramos O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e o alumnado de 3º e 4º de Primaria quixo traballar esta data tan significativa.

Para iso, seguindo o PDI deste curso, investigou a pintores con discapacidade e posteriormente, por etapas e ciclos, elaboramos un mural colectivo representando algunha das súas obras en forma de crebacabezas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora.















12/05/2025

Radio na Biblio - "HISTORIA DO C.D. FOZ"

 Boas! Un grupiño de alumnos de quinto de primaria, decidimos investigar sobre a historia do Club Deportivo de Foz, para elaborar un programa de radio. Aprendimos un montón e esperamos que vos guste!

 


Radio na Biblio - Proxecto Documental Integrado

 Nesta ocasión, o alumnado de sexto preparou un programa de radio no que pretende animar aos compañeiros e compañeiros, mestres e mestras, a participar coas actividades para o Proxecto Documental Integrado proposto para este curso escolar.

Esperamos que as nosas ideas podan servir!