12/21/2021

BO NADAL

 O CEIP Plurilingüe de Foz número 1, deséxalle bo Nadal a toda a comunidade educativa!

 

 

NADAL 2021 de Bibliochicharrón Foz

12/19/2021

Guía de lectura Nadal 2021

Un ano máis remata e chegan uns días de vacacións. Non é tempo de moito traballo escolar, nin de moito sair porque estaremos en pleno inverno e apetece a calorciña do fogar.

Dende a biblioteca queremos que non vos aburrades e propoñémosvos algo para ler, xogar e compartir en familia.

Que o pasedes ben e a ver se vos gusta o que vos suxerimos.

Bo Nadal

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021 de Bibliochicharrón Foz

12/10/2021

DÍA DA DISCAPACIDADE

 No noso cole conmemoramos o Día da Discapacidade con diversas actividades:

- O alumnado de Infantil, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", elaboraron un fermoso mural.


- O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, facendo alusión ao proxecto global de centro "A Música", traballou a discapacidade coñecendo músicos máis que "capacitados".


        E para rematar, cantamos "Eu teño alguén" empregando a linguaxe de signos e pictogramas.

Diseño de Bibliochicharrón Foz

11/30/2021

Contacontos Raquel Queizás

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, o 29 de novembro a ANPA agasallounos coa "Contacontos" Raquel Queizás dentro do programa "Somos iguais: contos pola igualdade". Os alumnos que gozaron coas súas divertidas historias foron os de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria, en dúas quendas.

"Todas as persoas debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades independentemente do sexo co que nacemos"


 FOTOS 1º E 2º DE PRIMARIA





 

FOTOS INFANTIL










 


11/25/2021

25 N - 2021

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Conmemoramos este día dun xeito moi especial, para sensiblidizar á comunidade educativa sobre o problema que temos na sociedade, de violencia contra a muller.

O alumnado de sexto de primaria foi o encargado de organizar esta actividade. Empezaron co análise de cancións con letras machistas. Posteriormente escolleron unha delas para cambiarlle a letra, grabaron a canción coa que todo o alumnado do centro bailou e cantou ao son da mesma. 

O 25 de novembro recibimos ao alumnado coa canción "E ti, só ti" do grupo El Diluvi con Sés.

Cada neno e cada mestre trouxemos complementos da cor representativa.

ENLACE - VÍDEO

Diseño de Bibliochicharrón Foz

11/23/2021

Correlingua 2021

 A actividade central desta 21 edición do Correlingua na provincia celebrouse este martes día 23 de novembro, en Foz, coas actuacións musicais de Cazorellos salvaxes e Monoulious DOP, no pavillón Municipal Torques de Marzán, ás 12:00 horas.

Máis de 300 alumnos e alumnas de Infantil, Primaria e 1º e 2º de ESO de seis centros educativos da comarca de A Mariña acudimos ao concerto. No concerto, mantívose a fórmula de aulas burbulla para ofrecer todas as garantías sanitarias ao alumnado.







11/17/2021

OUTONO E SAMAÍN

 No noso cole disfrutamos da chegada do outono e da festa do Samaín.


OUTONO E SAMAÍN NO CEIP PLURINLINGÜE Nº 1 DE FOZ de Bibliochicharrón Foz 

 

Finalizamos cuns terroríficos poemas que elaborou e recitou o alumnado de sexto de primaria:

Programa radio: Poemas polo Samaín



Diseño de Ana Diaz

Colaboración con centros da contorna

 Por segundo ano consecutivo, o Centro de Día, Aloumiños, e o  Servizo de axuda no fogar, Alonfogar, convocou o concurso "Nenos e Maiores".

Nel participou o alumnado de 2º, 5ºA e 5ºB de Primaria, nas modalidades de debuxo e relato. Debían plasmar as vivencias dunha persoa maior, familiar ou non, partindo da pregunta "E ti, de pequeno, que facías?".

Tamén participaron na modalidade de "elaborar unha manualidade" coa axuda dunha persoa maior de 65 anos.

Quedaron uns traballos moi bonitos.





























11/16/2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021

O pasado 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares", presentando o noso proxecto baseado na música. 

Cantamos e contamos disfrutando coa música unida á biblioteca!

 

DÍA DAS BIBLIOTECA 21 de Bibliochicharrón Foz

10/22/2021

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Enlace ao cuestionario en "kahoot" para os colaboradores de biblioteca.

Recordade poñer en "nickname" o voso nome.

ENLACE KAHOOT

PIN XOGO 09843047

10/19/2021

PROBANDO, PROBANDO...

Os nosos rapaces de quinto de primaria, inician o seu traballo no laboratorio de radio escolar... e como non podía ser doutra forma, adicamos unha sesión a probar os aparellos; rimos un montón!!

En nadiña publicaran o seu primeiro programa de "Chicharriños nas Ondas"...