Un ano máis, o
trinta de xaneiro, celebramos o día internacional da paz e non violencia.
Este curso correspondeulles aos alumnos de Educación Infantil a súa preparación e a exposición para todos nós. Sabedes por qué celebramos o 30 de xaneiro o día escolar da non violencia e da paz?
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celebramos este día, para recordar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz.
As actuacións foron as seguintes:
- Educación Infantil de 3 e 4 anos, deleitaronnos coa canción "Cantarela dos nenos".
- Educación Infantil de 5 anos, elaboraron un noticieiro pola paz.
- Todo o alumnado de Infantil cantaron a canción "Tu enemigo" de Juanes e Pablo López.