Un grupiño de rapazas e rapaces de 6º de Primaria, dos axudantes de biblioteca, prepararon unhas actividades para realizar co resto do alumnado do cole, na Hora de ler, na biblioteca e agrupados por Ciclos.
GOZARON MOITO!!!!
Un grupiño de rapazas e rapaces de 6º de Primaria, dos axudantes de biblioteca, prepararon unhas actividades para realizar co resto do alumnado do cole, na Hora de ler, na biblioteca e agrupados por Ciclos.
GOZARON MOITO!!!!
Imos rematando o mes decembro e con el o traballo académico, as notas, as decoracións e as actuacións no Festival de Nadal.
Neste festival, actuaron os seguintes cursos (o día 17 para o alumnado e mestres do cole e o 18 para as familias):
4º de Educación Infantil fíxonos rir cunha canción titulada "Soy un muñeco de nieve".
O alumnado de 1º de Primaria representou a peciña titulada "A festa máis bonita".
Seguidamente 3º de Primaria agasallounos con "Divertímonos coa publicidade".
Despois disto actuou 4º de Primaria cunha obra titulada "Xuízo a Papá Noel".
Por último 5º de Primaria representounos "Esspreso Navideño".
GOZAMOS MOITO!!! NORABOA E GRAZAS!!!
BOAS VACACIÓNS E BO ANO 2026
O alumnado de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz número 1 e do CEIP o Cantel, xuntámonos para elaborar un podcast sobre os bulos machistas nas Redes Sociais.
Nel, falamos un pouquiño sobre o que é o machismo e os bulos, así como o que podemos facer para combatelos.
Queremos incidir na importancia de non difundir este tipo de noticias falsas que tanto dano poden causar.
Este traballo complementa as actividades realizadas no centro para o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero.
O 2025 vai rematando e achéganse o FESTIVAL DE NADAL e as RECOMENDACIÓNS LECTORAS para entreterse un pouco estas vacacións.
AGARDAMOS QUE GOCEDES CON TODO!!!
O día 3 de decembro conmemoramos O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e o alumnado de 3º e 4º de Primaria quixo traballar esta data tan significativa.
Para iso, seguindo o PDI deste curso, investigou a pintores con discapacidade e posteriormente, por etapas e ciclos, elaboramos un mural colectivo representando algunha das súas obras en forma de crebacabezas.
Foi unha experiencia moi enriquecedora.
Boas! Un grupiño de alumnos de quinto de primaria, decidimos investigar sobre a historia do Club Deportivo de Foz, para elaborar un programa de radio. Aprendimos un montón e esperamos que vos guste!
Nesta ocasión, o alumnado de sexto preparou un programa de radio no que pretende animar aos compañeiros e compañeiros, mestres e mestras, a participar coas actividades para o Proxecto Documental Integrado proposto para este curso escolar.
Esperamos que as nosas ideas podan servir!
Thanksgiving Day é unha festividade de EE.UU na que as persoas dan grazas polo que teñen, especialmente pola familia, amigos, traballo...
En Arts creamos un pavo cun rolo de papel hixiénico. As plumas fixéronas coas súas mans e nelas escribiron todo aquilo polo que están agradecidos.
Grazas Sarah por darnos a coñecer máis esta tradición.
Un curso máis, dentro do Plan Director, o alumnado de 5º e 6º de Primaria escoitaron unha charla dun garda civil da Comandancia de Lugo. O tema era "Acoso escolar e ciberacoso".
Resultou moi interesante e o alumnado mostrouse moi participativo preguntando todas as dúbidas que lles ían xurdindo.
Moitas grazas!!!
A violencia de xénero constitúe unha das violacións dos dereitos humanos máis persistentes e devastadoras do noso tempo. Afecta a mulleres e nenas polo simple feito de selo, vulnerando a súa liberdade, integridade e dignidade. É un problema estrutural que se manifesta en todas as sociedades e en todos os ámbitos da vida, impregnando todas as esferas da nosa sociedade.
Nós, no cole, intentamos sensibilizar ao noso alumnado deste gran problema e educar uns nenos e nenas no respecto e tolerancia aos demais.
Durante os últimos quince días investigaron sobre mulleres pintoras, debateron, colorearon, crearon pinturas, buscaron frases axeitadas... para compoñer os dous murais que expuxemos no colexio e polos que vai pasando todo o alumnado.
O alumnado de Educación Infantil celebrou O Día Mundial da Infancia, o 20 de novembro, cunha actividade de IOGA a cargo da profesora desta disciplina, Carolina, nai dun alumno deste centro. A actividade realizouse no ximnasio acompañados polas súas profes.
Moi boa iniciativa. Para repetir.
Moitas grazas a Carolina pola súa colaboración.
Este programa está creado por cinco nenos e nenas de quinto de primaria, no que realizamos unha serie de preguntas para animar aos oíntes a participar nun concurso. Esperamos que disfrutedes moito do noso podcast e teñades sorte para conseguir o agasallo!!
O pasado luns, 10 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria, acompañado por tres mestras do cole, visitaron a fábrica de galletas mariñeiras Daveiga, en Chantada.
A actividade forma parte do programa "Da granxa á escola" organizado pola ANPA e a Diputación.
Foi unha saída moi proveitosa, onde o alumnado seguiu todo o proceso de fabricación das galletas mariñeiras que son unha adaptación do "Pan de barco". Solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan de forma natural.
Tamén houbo un tempo para a degustación de produtos.
GUSTOUNOS MOITO!!!
Na última quincena de outubro traballamos para celebrar O Samaín e rematamos coa festa do magosto o día 30 do mesmo mes.
Nós, o venres 24 de outubro, conmemoramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS centrándonos no estudo de Castelao, xa que este ano cúmprese o 75 aniversario de seu falecemento.
Realizamos as seguintes actividades:
As actividades desenvolvéronse en coordinación os equipos de Biblioteca, de Lingua Galega, de Extraescolares e o de Polos Creativos.
FOI UNHA XORNADA MOI AMENA!!!