PROXECTO DE RADIO EN COLABORACIÓN CO IES DE FOZ
Dentro do programa de "Voluntariado de lectura - A", no que participamos dende hai varios cursos xurdeu a iniciativa de elaborar un programa de radio escolar en colaboración co IES de Foz.
No noso cole, participou alumnado colaborador de biblioteca e radio de sexto de Primaria. O resultado do proxecto foi a unión de diferentes voces do alumnado de ámbolos dous centro na peza teatral titulada "Contos das mouras".
Agardamos que vos guste!