Benvidos de novo á nosa biblioteca
Arranca un curso mais, no que esperamos que o espazo da nosa biblioteca sexa especial para todos vós, onde atopedes novas aventuras, descubrades e aprendades moitas cousas coas vosas lecturas. De seguro que haberá unha morea de libros nos que mergullar a vosa imaxinación.
Esta semana disfrutamos da sesión de apertura, pola que pasou todo o alumnado do centro, agás os nenos de 4º de Infantil que virán nos próximos días.
Co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, fixemos unhas sesións de formación de usuarios: recordamos normas da biblioteca, onde atopar os documentos segundo o que queramos buscar..., ademais os rapaces de 5º e 6º puideron anotarse para ser "Axudantes de Biblioteca", estaban emocionadísimos!!
Para rematar estas sesións traballamos unha ficha de estructuración da biblioteca, empregando os planos da nosa biblio.
O alumnado de 5ºe 6º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, ademais de recordar as normas disfrutaron dun conto: "O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico" narrado pola profe de biblioteca, "Marisa", axudada polos alumnos da súa titoría.