3/10/2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

 Para conmemorarmos O 8 DE MARZO fixemos o seguinte:

* Traballos nas aulas.

* Mural no edificio de Infantil e 1º Ciclo de Primaria coa colaboración dese alumnado.

* 3º Ciclo de Primaria investigou e compuxo unha exposición interactiva, informando sobre a vida e obra de nove pintoras.

Para iso, empregaron os recursos da aula de Polos (impresora 3D, cortadora laser, placas makey makey, bolis 3D...)

O día 9 de marzo, cada grupo explicou a un curso, por quendas, o seu traballo  e seguidamente xogaron con eles ao Memory e co robot Matatalab. Ámbolos dous xogos estaban relacionados coa temática "Mulleres pintoras".








































L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL

 Queremos felicitar a Jara García Fernández, alumna de 2º de Primaria, que conseguiu o 1º premio da categoría A no Quincuaxésimo Certame de Debuxo  Infantil sobre O Nadal convocado polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán  de Begonte, Lugo.

PARABÉNS, JARA!!!






3/02/2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Para conmemorar o día de Rosalía:

* Fixéronse traballos nas aulas.

* O Equipo de Desenvolvemento da Lingua Galega deseñou flores, pensamentos, e o alumnado coloreounos e compúxoos.

*Decoramos o cole con dúas preciosas Rosalías e con bibliografía da escritora.

O 26 de febreiro desprazámonos ata o mosaico de Rosalía situado na praza que leva o seu nome. Alí o alumnado de 6º de Primaria leu poemas da autora, escoitamos música galega e pegamos as flores, pensamentos, do alumnado.