4/26/2023

SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL

Continuando coa iniciativa de reunir 1000 grúas de papel, o xoves 30 de marzo, estivo no cole David, de "Radio Foz", para entrevistar ao alumnado e titoras sobre a iniciativa. 

A continuación quedan algunhas fotos da entrevista e o enlace ao programa.


 




 

4/22/2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO é o 23 de abril porque nesa data do 1616 morreron os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Hoxe hai voces que apuntan a que Cervantes morreu o día 22 e Shakespeare o 23.

O primeiro Día Internacional do Libro celebrouse o 7 de outubro de 1926.

No cole, realizáronse actividades durante toda a semana do 17 de abril:

  • O alumnado de 1º de Primaria, dende comezos do mes e despois de contar o conto "Matrioska" levou para as súas casa, por quendas, os dous exemplares que temos, xunto cunhas bonecas, para compartir coas súas familias.  

Estes nenos agasallaron aos seus padriños cuns preciosos puntos de lectura.

 



Proxectaron tamén o video "La leyenda de San Jorge y el dragón".

  • O alumnado de Infantil fixo debuxos do seu conto preferido e con todos eles elaboraron un gran mural para a entrada.




 

 Tamén elaboraron puntos de lectura moi chulos:

 


 

  • O alumnado de 3º e 4º de Primaria, co fin de agradecer Os Apadriñamentos lectores, fixo un obradoiro de marcapáxinas.

Quedaron ben bonitiños.

 




  • Ao longo da semana do libro, o alumnado de 4º de Primaria aproveitou o traballo realizado na asignatura de Valores para ler e dramatizar aos seus compañeiros de 3º contos coa temática da materia: compañeirismo, empatía, inclusión, medos...

Elaboraron moitos materiais.

Foi xenial.








No cole, ao ser domingo o 23, celebrámolo todos xuntos o venres 21.

O máis destacado do Día foron OS APADRIÑAMENTOS LECTORES. Cada neno de 4º, 5º e 6º de Primaria le contos aos nenos do resto do cole. Seguidamente xogaron un ratiño con eles.

 

Como veredes a continuación, calquera lugar é xenial para ler e escoitar un conto.

Bo día do libro e agardamos que leades e contedes moitas historias.


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO de Bibliochicharrón Foz

4/13/2023

CONTOS NA HORA DE LER

 Os nenos e nenas de 2º de Primaria parece que lle colleron o gusto a contarlles contos ao alumnado de Infantil.

Desta vez foron Carmela, Noel e Ingrid os que foron á clase de 5º de Infantil contarlles o conto "O oso atrapabolboretas".

 









Eles fixeron uns bonitos debuxos:


Quedaron todos encantados.