1/29/2021

DÍA DA PAZ - 2021

 Ás veces preguntámonos.... por que se celebra o 30 de xaneiro o día da Paz?

O día escolar da non violencia e a paz, é unha observación fundada polo poeta español Llorenc Vidal, en Mallorca en 1964. Como punto de partida e apoio a unha educación pacificadora e non violenta, de carácter permanente. 

Quen foi Gandhi?

Mohandas Karamchand Gandhi,  máis coñecido por Mahatma Gandhi nado o 2 de outubro de 1969 foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influínte defensor do principio da non agresión, como forma non violenta de protesta e como un medio de revolución.

Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias.

Nós, este curso conmemoramos esta data bailando por aulas "A polca da paz".

Esperamos que vos guste!

 

 POLCA DA PAZ POLAS NENAS E NENOS DO NÚMERO 1

Ningún comentario:

Publicar un comentario