2/26/2019

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o "Día de Rosalía", dende o Equipo de Biblioteca preparamos diferentes actividades donde os nosos axudantes de biblioteca foron os protagonistas.

As actividades foron as seguintes:

ROSALÍA NA RADIO ESCOLAR: 
A primeira das actividades foi a gravación dun programa especial de Radio Escolar adicado a Rosalía de Castro. Nel participaron os axudantes de sexto curso de primaria. A gravación fíxose en días previos para poder escoitalo nas distintas aulas.



ROSALÍA NAS AULAS: 
Outras das actividades consistíu na lectura, polas distintas aulas do centro, de dous poemas: "Airiños, airiños, aires" e "Adiós ríos, adiós fontes" (este último dun xeito moi especial...), cunha pequena introducción da biografía da autora. Neste caso foron os axudantes de quinto de primaria os encargados da súa realización.










ROSALÍA NA RÚA:
Finalmente, os axudantes de sexto de primaria, acudiron á rúa para realizar en directo o programa de radio, onde leron a biografía da autora e recitaron varios poemas. Ademáis estivo amenizado por un cuarteto do grupo "Andaravío" de Foz, aos que dende aquí lles damos as grazas.












2/25/2019

RADIO ESCOLAR - PROGRAMA "ROSALÍA DE CASTRO"

Os axudantes de biblioteca de 6º de Primaria, gravamos o segundo programa de Radio Escolar. Nesta ocasión adicámolo á Rosalía de Castro para conmemorar o seu nacemento.

Esperamos que vos guste!







VIAXE A LEITARIEGOS

No seguinte enlace podedes acceder á páxina web do centro para ver esta actividade.

web do centro - viaxe a Leitariegos.

2/18/2019

UN PASEO POLA CHINA

Mirade que proxecto tan interesante realizou o alumnado de 5º de Infantil!!

Web do centro: Un paseo pola china.

2/11/2019

CIENCIA NO NÚMERO 1



NADAL ROBÓTICO

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, neste nadal fixeron unhas figuras diferentes para decorar o Centro.
Construiron uns robots!!!
E como fixeron?
Pois cuns vasos de cartón, cinta aislante, unha pila AAA, un motor de corriente continua de 3V,  catro rotuladores, silicona, corchos, depresores, ollos móviles, pompóns, cartolinas, tesoiras, …. E moita imaxinación.
E este foi o resultado:

 


























RADIO NA BIBLIO

O pasado luns 4 de febreiro, os nosos "Axudantes de Biblioteca" disfrutaron do obradoiro de radio que realizamos coa Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte... nas Ondas".

O alumnado estivo durante toda a mañá realizando diferentes actividades nas que recibiron formación para poñer en marcha a nosa radio escolar. Traballaron a dicción, lectura, interpretación, gravación e maquetación co programa "Audacity". Finalmente gravamos o noso primeiro programa de radio escolar.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!