12/14/2010

CONCURSO AVENTUREIROS

ATENCIÓN A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DO 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA.

RECORDADE QUE O CONCURSO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR.

TEDES TODAS AS PISTAS NA PÁXINA DO CONCURSO ASÍ COMO AS NORMAS DE ENTREGA.

MOITA SORTE A TODOS OS AVENTUREIROS!!!!!!!

11/04/2010

CONCURSO AVENTUREIROS

A partir de hoxe día 4 de novembro, dase comezo ao concurso "AVENTUREIROS". Para participar deberedes seguir as pautas neste blog, na páxina adicada ao concurso.

SORTE AVENTUREIROS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

10/21/2010

I CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "LER E ESCOITAR"

A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publica hoxe no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO. O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública. O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores e para os centros de procedencia.

Texto extraído da páxina web das bibliotecas escolares






O noso cole está a participar neste concurso; como xa sabedes (os alumnos de 5º e 6º) estivemos facendo lecturas en voz alta na biblioteca (sesión de biblioteca, contacontos nos recreos...)
Como resultado xa temos a selección de alumnos que pasaron a primeira fase do concurso no centro.
 
Os afortunados son:
 
LECTURA INDIVIDUAL: LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º).
 
LECTURA EN GRUPO:       LUCÍA LÓPEZ LOMBARDERO (5º)
                                       MARIÑA BARREIRO RAMOS (5º)
                                       MARTIÑO FERNÁNDEZ XOVE (5º)
                                       HUGO GARCÍA NIÑEZ (6º)
                                       NURIA MEIJIDE MÉNDEZ (6º)
 
NORABOA AOS AFORTUNADOS!!!!!!!!


10/20/2010

PRIMEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS

Os nenos de infantil e de primeiro de primaria  fomos á biblioteca para escoitar o contacontos; desta volta as profes léronnos o conto de "Orellas de bolboreta", onde nos falaba dunha nena, Mara, que tiña as orellas un pouco grandes e os nenos do cole ríanse un pouco dela...



COMEZO DAS ACTIVIDADES

Un novo curso iniciamos, con moita ilusión, as actividades na biblioteca; nas primeiras sesións, todos os nenos de primaria pasaron pola biblioteca para:
- Coñecer o blog.
- Facer os novos marcadores (os que empezan novo ciclo).
- Facer uns carteles con normas de uso da biblioteca.

AQUÍ TEDES ALGUNHAS IMAXES!!


 Coñecendo o blog

 







Facendo novos marcadores


Carteis para as normas de biblioteca





9/30/2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

 "As Mochilas Viaxeiras" están a piques de emprender novas viaxes para as vosas casas!!! e desexan que pasedes en familia uns momentos agradables e divertidos coas súas lecturas.

ÁNIMO E BOAS LECTURAS!!!

Se ti les eles len

9/16/2010

1º TRIMESTRE: "A AVENTURA"


         
          PREPÁRATE PARA VIVIR UNHA AVENTURA...!!

...estade atentos porque haberá moitas novas!

9/15/2010

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2010/2011

 OLA AMIGUIÑOS!!!
Son eu, Don Chicharrón, acordádesvos de min?, a vosa mascota que vos acompaña nas vosas aventuras lectoras!!!!
Pois este ano tamén estarei con vós a través deste blog, para que vexades os traballos e actividades que facemos na biblioteca; ademáis ireivos amosando algunha que outra sorpresa, deberedes estar atentos!!!!!

QUE TEÑADES UN BO COMEZO E FINAL DESTE CURSO 2010 - 2011!!!!!!!

4/23/2010

VENRES, 23 DE ABRIL DE 2010

DÍA DO LIBRO

"Non hai mellor fragata ca un libro para nos levar a terras afastadas"

Emily Dickinson.


Para conmemorar o día do libro no noso cole, temos preparadas unha serie de actividades, das que vos ensinaremos, en vindeiras novas con imaxes e vídeos:

  • Concurso de redacción para a posterior elaboración dun libro que recolla as historias e debuxos de cada neno do centro. Darase un premio por curso.
  • Visita dun contacontos ao centro, reparto de premios do concurso. (Xoves 22 de Abril de 2010)
  • Acto de conmemoración no salón de celebracións para ler as historias dos gañadores, falar sobre a data de celebración deste día e lectura dun conto adaptado sobre "Don Quijote de la Mancha". (23 de Abril de 2010)


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Neste curso iniciamos a actividade de "Contacontos na Biblioteca", organizada polas profes encargadas da biblioteca escolar.
Participan todos os nenos de Educación Infantil, vindo unha vez cada tres semanas e escoitar o conto e a elaborar unha ficha de reforzo.

Aquí van algunhas fotos dos contacontos:





OLLOBRUSCO
PÉTALA
SOPA DE NADA
A RATIÑA PRESUMIDA...


Aquí van unhas fotos que demostran o ben que o pasamos!!!!!

E despois de escoitar o conto, facemos unha ficha e vemos algún conto que nos guste; incluso os nenos de 5 anos lévano para as súas casas!



SOPA DE NADA

SOPA DE NADA!!!
Como é posible facer unha sopa de nada??

Estivemos todos moi atentos, mentres as profes nos contaban o conto, e rápidamente soubemos como se facía una sopa de nada...

Que picarones eran "Xan Gato e María Raposa", claro que tamén "Xan Rato"... era un pouquiño tacaño, non?
Se ti tamén queres coñecer a historia, podela ler, atoparala no libro"Sopa de Nada" da editorial OQO; e o mellor de todo é...  QUE O TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA!!!

2/09/2010

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA










Todos os nenos de primaria pasamos unha vez cada tres semanas para realizar actividades que nos propoñen as encargadas da biblioteca.




Empezamos o curso elaborando entre todos unhas normas de uso da biblioteca, tamén fixemos actividades para a formación de usuarios.






AS MOCHILAS VIAXEIRAS



No mes de outubro empezou o programa das mochilas viaxeiras. Cada semana saen oito para as casas dos nosos alumnos, esperando que as familias disfruten da lectura en compañía; ademáis leva un caderno viaxeiro en donde todas as familias escriben e debuxan o que máis lles gustou.


Disfrutan moitísimo co programa!!!!