4/26/2024

COÑEZO E COIDO A MIÑA CONTORNA: O HORTO ESCOLAR

 O alumnado de Infantil coida entusiasmado o horto escolar e as eirugas.


O HORTO ESCOLAR de Bibliochicharrón Foz

 

 Os de 6º tamén:



 E os de 3º e 4º...






E os de 2º tamén traballaron:

  • Actividades de reprodución dun arbusto -o romeu- mediante esgallos:  



  • Obxectivo conseguido!!!!!! os esgallos prenderon:

  • Cabaciñas que sementaron:

  • Sementando lavanda:
     A semana do 21 ao 24 de maio, de 9:05 a 9:30 e de 13:30 a 13:50, as familias que puideron podían pasar ao cole e visitar as exposición dos traballos realizados e relacionados co PDI anual "Coñece e coida a contorna".                  AGARDAMOS QUE VOS GUSTARAN OS TRABALLOS REALIZADOS.

COLABORACIÓN CON CENTROS DA CONTORNA: IES DE FOZ

Hoxe, 26 de abril, visitounos un grupo de rapaces e rapazas, algúns exalumnos e exalumnas,  do IES de Foz dirixidos pola súa profe de Música,  para deleitar ao noso alumnado cun concerto teatralizado.

Gustounos moito.

Moitas grazas.












4/23/2024

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

 A orixe da celebración do Día do Libro remóntase a 1926.

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakaspeare, Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a Literatura Universal escolleuna a UNESCO para homenaxear mundialmente o libro e os seus autores e alentar a todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer pola lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Nós, no cole, celebramos este Día cos "Apadriñamentos lectores". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria elixen contos para lerlles, contarlles, teatralizarlles... aos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria en diferentes espazos do colexio: patios, pavillón, biblioteca, recibidores... Os afillados, como agasallo, regálanlles aos padriños ou madriñas marcapáxinas  para que os recorden cando lean. 

Para rematar a xornada xogaron todos xuntos no patio.

Esta actividade gústalles moito.

DÍA DO LIBRO de Bibliochicharrón Foz

COÑECE E COIDA O TEU ENTORNO: FLORA E FAUNA

 A principios do segundo trimestre enviamos ás familias unha nota pedíndolles fotos de flora e/ou fauna da contorna para poder coñecela un pouco máis e así valorala e coidala.

A resposta que tivemos foi xenial, moitas fotos nos enviaron!!!!!.

Con elas decidimos montar un libro xigante coa axuda dos axudantes de biblioteca.

A continuación vémolos traballando e concentrados na labor.









Rematamos a montaxe do libro xigante coas fotos enviadas polas familias do noso alumnado.

Expoñémolo no recibidor do colexio. 

Quedou xenial, gústanos moito e pensamos na posibilidade de compartilo con outros centros da contorna.

 






 

4/17/2024

OBRADOIRO - RADIO NA BIBLIO

 O xoves, 4 de abril, durante a xornada de mañá, todo o alumnado de quinto e sexto de primaria gozou do obradorio de "Radio Escolar" que realizamos todos os anos pola participación do centro no programa de "Radio na Biblio" dentro do proxecto de Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión, foi a Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte... nas ondas!" a encargada de realizar as actividades, impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe profesional, quen se encargou de traballar co alumnado distintas actividades de entoación, pronunciación, colocación da voz... para facer mais atractivos os nosos podcast.

Desfrutamos un montón e esperamos poñer en práctica todo o aprendido!









 


4/16/2024

FOMENTO DA LECTURA NAS AULAS

 Os nenos e nenas voluntarios de 5º e 6º de primaria durante o 1º e 2º trimestres e na hora de ler, prepararon contos para ir lelos e escenificalos ás aulas de Infantil e de Primaria. Seguidamente acompañábanos á Biblioteca para que leran, xogaran no espazo maker e emprestaran libros.

Gozan moito con esta actividade.