Queres ser axudante de biblioteca?
Gústache a radio escolar?
Pois non o dubides máis!
Entra no seguinte enlace e inscríbete:
Queres ser axudante de biblioteca?
Gústache a radio escolar?
Pois non o dubides máis!
Entra no seguinte enlace e inscríbete:
Non podemos estar máis orgullosos!!
Acabamos de ser premiados no "II concurso de podcast - Radio na Biblio" convocado o pasado 13 de febreiro pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración con Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares.
Nesta
ocasión, o programa realizámolo co alumnado de sexto do curso 19/20 (actualmente en
1º da ESO). Preparamos unha emisión especial de teatro radiofónico
titulado "Auto do alugado ou encanto de Raboces" de Manuel María. Unha peza moi especial xa que a acción da mesma sitúase no Concello de Foz.
Tiñamos todo preparado e ensaiado, listo para gravar cando nos sorprendeu a corentena... así que, cada un dende a súa casa gravou a súa parte para poder montar o podcast e presentalo ao concurso.
Que sorpresa tan grande nos levamos!! Pena de non poder celebralo con eles! Verémonos seguro porque temos unha conta pendente con vós!
Aquí vos deixamos o podcast do que nos sentimos moi orgullosos. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!
Hoxe, os nenos de sexto de primaria ímos falarvos do día da biblioteca celebrado o 24 de outubro dende o 1997. Conmemórase este día por mor da destrucción da biblioteca de Sarajevo, no conflicto balcanico. Ésta destruíuse porque moitos tiranos como Hitler, viran nos libros unha fonte de franca oposición e mandaran queimalos en grandes fogueiras. Na realidade, é o que detonou a destrución de dita biblioteca.
Dende aquel día no que foi incendiada a biblioteca de Sarajevo, os membros da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" decidiron adoptar ese día para conmemorar e trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.
Para conmemorar este 24 de outubro, nós, dende o cole, e tendo en conta a situación de pandemia que estamos a vivir e as medidas que temos que cumprir, queriamos ensinarvos a nosa biblioteca e o protocolo de uso da mesma. Dicirvos que o vídeo que gravamos está feito con todas as medidas de protección e seguridade; nos momentos nos que aparecemos sen máscara, tentando que se nos escoitase ben, foron gravados de xeito individual, sen ninguén ao noso carón. Esperamos que vos guste.
A NOSA BIBLIOTECA E O PROTOCOLO COVID
Como sabedes... tiñamos unha conta pendente cos nosos premiados no concurso "Contos de aquí e de acolá", proposto pola biblio en tempo de cuarentena. A semana pasada fixemos a entrega dos mesmos ademais de un pequeno detalle para os nosos colaboradores de biblioteca do curso pasado.
PREMIADO NA MODALIDADE B: ENEKO DOVALE PÉREZ
PREMIADA NA MODALIDADE C: PAULA MANÍN RODRÍGUEZ
OS NOSOS COLABORADORES DE BIBLIOTECA