Amosando publicacións coa etiqueta Radio na biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio na biblio. Amosar todas as publicacións

6/01/2026

MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS E TEATRO

  •  Programa de "Biblioteca creativa"

Para rematar o traballo do PDI, na área de PC, Noelia e Jose xunto co alumnado de 5º, 6º divididos en sete grupos e coa colaboración de 3º e 4º de Primaria investigaron sobre os 7 museos, os sete autores e os sete cadros, deseñaron e montaron o MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS na aula de "polos creativos". 

É un xogo de mesa no que se despraza un escornabot despois de lanzaren un dado e seguindo a dirección axeitada para chegar á casiña elexida.

Segundo as ilustracións das casas onde caian teñen que resolver retos relacionados co espazo maker e robótica ou escoitar audios gravados polos rapaces de 5º e 6º para adiviñar de que museo se trata. O autor poderán descubrilo resolvendo un xeroglífico e descubrirán o cadro do autor a través dun código QR.

O obxectivo é chegar á casiña do final descubrindo os 7 museos, 7 pintores e e7 pinturas acadando un agasallo individual.

Por esta aula de "Polos creativos" todos os cursos pasaron xogar, por quendas e en dúas sesións, a última semana de maio e a primeira de xuño. 


investigando, deseñando... de Bibliochicharrón Foz

  • A derradeira actividade relacionada co PDI é a obra de teatro titulada "Folga no museo do Número 1", escrita e dirixida polo alumnado de 6º de Primaria, o seu titor e a mestra de Música.
Nela, as rapazas e rapaces representan 8 pintores cos seus respectivos 8 cadros.
Nesta obra, os cadros, de forma cómica, cobran vida e comezan a reclamar dereitos laborais.
Chegarán a un acordo?
Agardamos saír de dúbidas no festival de fin de curso o vindeiro 19 de xuño.

5/28/2026

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR

 O pasado 13 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun interesante obradoiro de radio na biblio da man de Damián Alonso, actor de dobraxe, pertencente ao proxecto Ponte... nas Ondas!

Durante a actividade, os nenos e nenas traballaron aspectos relacionados coa comunicación oral, como a dicción, a entoación e a lectura expresiva de textos, realizando tamén pequenas gravacións radiofónicas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e motivadora, na que o alumnado puido achegarse ao mundo da radio de maneira práctica e divertida. 










5/13/2026

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE RADIO DE "OS PREGUNTÓNS"

 O venres 8 de maio o grupo de radio "Os preguntóns", de 5º curso de Primaria, entregou os premios do concurso (Concurso) proposto no mes de novembro no que invitaban a participar a todos os nenos e nenas do cole.

Tivo gran aceptación entre o alumnado.


















3/10/2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

 Para conmemorarmos O 8 DE MARZO fixemos o seguinte:

* Traballos nas aulas.

* Mural no edificio de Infantil e 1º Ciclo de Primaria coa colaboración dese alumnado.

* 3º Ciclo de Primaria investigou e compuxo unha exposición interactiva, informando sobre a vida e obra de nove pintoras.

Para iso, empregaron os recursos da aula de Polos (impresora 3D, cortadora laser, placas makey makey, bolis 3D...)

O día 9 de marzo, cada grupo explicou a un curso, por quendas, o seu traballo e seguidamente xogaron con eles ao Memory e co robot Matatalab. Ámbolos dous xogos estaban relacionados coa temática "Mulleres pintoras".








































1/09/2026

RADIO NA BIBLIO - INVENTOS RAROS

 Somos cinco alumnos e alumnas de quinto de primaria, decidimos dar a coñecer algúns inventos raros que atopamos investigando en internet e queremos compartilos con vós!

 

 

12/18/2025

Bulos machistas nas redes

 O alumnado de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz número 1 e do CEIP o Cantel, xuntámonos para elaborar un podcast sobre os bulos machistas nas Redes Sociais.

Nel, falamos un pouquiño sobre o que é o machismo e os bulos, así como o que podemos facer para combatelos.

Queremos incidir na importancia de non difundir este tipo de noticias falsas que tanto dano poden causar.

Este traballo complementa as actividades realizadas no centro para o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero. 

 

 


12/05/2025

Radio na Biblio - "HISTORIA DO C.D. FOZ"

 Boas! Un grupiño de alumnos de quinto de primaria, decidimos investigar sobre a historia do Club Deportivo de Foz, para elaborar un programa de radio. Aprendimos un montón e esperamos que vos guste!

 


Radio na Biblio - Proxecto Documental Integrado

 Nesta ocasión, o alumnado de sexto preparou un programa de radio no que pretende animar aos compañeiros e compañeiros, mestres e mestras, a participar coas actividades para o Proxecto Documental Integrado proposto para este curso escolar.

Esperamos que as nosas ideas podan servir!

 

 

 






11/21/2025

RADIO NA BIBLIO - "OS PREGUNTÓNS!"

 Este programa está creado por cinco nenos e nenas de quinto de primaria, no que realizamos unha serie de preguntas para animar aos oíntes a participar nun concurso. Esperamos que disfrutedes moito do noso podcast e teñades sorte para conseguir o agasallo!!

 



5/09/2025

RADIO NA BIBLIO - O ENTROIDO EN GALICIA

 O noso grupo formado por Marco, Manuel, Diego, Anwar e Jose de quinto de primaria, investigamos e elaboramos un programa de radio escolar adicado ao entroido en galicia. Esperamos que vos guste!


 

4/25/2025

RADIO NA BIBLIO - A FESTA NORMANDA

O noso grupo de traballo formado por Lois, Luca, Leo, Caleb e Ziyad de quinto de primaria, elaboramos un novo programa de radio adicado á festa Normada de Foz. Nel falamos un pouco sobre a historia desta festa, como se celebra nese día e moitas máis curiosidades.


 

4/22/2025

CHARO PITA - OBRADOIROS DE RADIO NA BIBLIO

 Un curso máis, como participantes no programa "Radio na Biblio", tivemos o luxo de contar con Charo Pita. Estivo dous días no centro para impartir catro obradoiros  de "Ler teatro na radio" para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, ademais de realizar unha sesión de contacontos para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

5º CURSO 



6º CURSO



 

3º CURSO


4º CURSO



 CONTACONTOS INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA