4/23/2010

VENRES, 23 DE ABRIL DE 2010

DÍA DO LIBRO

"Non hai mellor fragata ca un libro para nos levar a terras afastadas"

Emily Dickinson.


Para conmemorar o día do libro no noso cole, temos preparadas unha serie de actividades, das que vos ensinaremos, en vindeiras novas con imaxes e vídeos:

  • Concurso de redacción para a posterior elaboración dun libro que recolla as historias e debuxos de cada neno do centro. Darase un premio por curso.
  • Visita dun contacontos ao centro, reparto de premios do concurso. (Xoves 22 de Abril de 2010)
  • Acto de conmemoración no salón de celebracións para ler as historias dos gañadores, falar sobre a data de celebración deste día e lectura dun conto adaptado sobre "Don Quijote de la Mancha". (23 de Abril de 2010)


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Neste curso iniciamos a actividade de "Contacontos na Biblioteca", organizada polas profes encargadas da biblioteca escolar.
Participan todos os nenos de Educación Infantil, vindo unha vez cada tres semanas e escoitar o conto e a elaborar unha ficha de reforzo.

Aquí van algunhas fotos dos contacontos:





OLLOBRUSCO
PÉTALA
SOPA DE NADA
A RATIÑA PRESUMIDA...


Aquí van unhas fotos que demostran o ben que o pasamos!!!!!

E despois de escoitar o conto, facemos unha ficha e vemos algún conto que nos guste; incluso os nenos de 5 anos lévano para as súas casas!



SOPA DE NADA

SOPA DE NADA!!!
Como é posible facer unha sopa de nada??

Estivemos todos moi atentos, mentres as profes nos contaban o conto, e rápidamente soubemos como se facía una sopa de nada...

Que picarones eran "Xan Gato e María Raposa", claro que tamén "Xan Rato"... era un pouquiño tacaño, non?
Se ti tamén queres coñecer a historia, podela ler, atoparala no libro"Sopa de Nada" da editorial OQO; e o mellor de todo é...  QUE O TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA!!!