10/30/2017

III SAMAÍN NO CEIP DE FOZ NÚMERO 1

Como en anos anteriores, o pasado xoves 19 de outubro, celebramos no cole, en colaboración coa ANPA, "O Samaín".

O programa foi o seguinte, a partir das 18:30h. :

  • Xuntanza no pavillón deportivo do Centro.
  • " Bruxa" animadora, realizando diversos xogos.
  • Preparación para a saída.
  • Desfile polas rúas de Foz da "III Santa Compaña Infantil".
  • Cea dos rapaces que pernoctaron no centro.
  • Baile de "Bruxas" do Feitizo e brevaxe de meigas.
  • Xogo libre no pavillón.
  • Historias de medo no ximnasio.
  • Acampada no ximnasio.
  • Recollida do material empregado para durmir.
  • Almorzo no comedor a cargo da ANPA e do CEIP.
  • Incorporación ás clases rutinarias.
A actividade segue gustando moito, polo que vos esperamos o vindeiro curso.



















10/25/2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Onte, día 24 de outubro, abrimos as portas da nosa biblioteca para festexar o día das Bibliotecas Escolares.
 
Sabedes  por que se celebra nesta data? 

Pois para recordar que no ano 1992, durante unha guerra que tivo lugar nos Balcáns, incendiouse e destruiuse a Biblioteca de Saraxevo e con ela o acceso á cultura de moitas persoas.
Nós quixemos rendir unha pequena homenaxe ás bibliotecas para que vos deades conta dos tesouros que agochan, do valor que teñen  e animarvos a que rebusquedes nos rincóns máis escondidos onde seguro ides atopar un libro que vos encantará.
A biblioteca tamén é un lugar de encontro e socialización. Nós, os nenos e nenas axudantes  de biblioteca de 6º, queremos amosarvos o poder da amizade e a ensinanza que se pode extraer dun libro. 

O conto dramatizado foi: “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”.