O mércores día 13 celebramos O MAGOSTO no cole: deseñaron e elaboraron cestiñas, degustamos castañas asadas e xogamos todos no patio.
Pasámolo en grande e as castañas estaban boísimas.
O mércores día 13 celebramos O MAGOSTO no cole: deseñaron e elaboraron cestiñas, degustamos castañas asadas e xogamos todos no patio.
Pasámolo en grande e as castañas estaban boísimas.
A semana pasada, aproveitando o bo tempo de outono, o alumnado de Infantil xunto cos seus profes fixeron unha pequena saída a un horto a carón do cole.
Alí puideron ver maceiras, limoeiros, a planta dos kiwis (que para eles era unha cova fantástica) e a dos alquequenjes.
Recolleron froitos para levar ao cole e poder degustalos.
Xogaron e gozaron do aire libre e da natureza.
FOI UN DÍA ESPECIAL.
Como xa saberedes, este curso traballaremos como tema do noso Proxecto de Centro, as ventaxas da ciencia para mellorar a natureza, baixo o título:
"Da man da Ciencia polo Medio Ambiente"
Para iniciar o proxecto, o alumnado de sexto investigou sobre algúns inventos da ciencia que axudan e protexen o medio ambiente. Seleccionaron os que mais lle chamaron a atención para contarnos brevemente como funcionan.
Para conmemorar o OUTONO e o SAMAÍN decoramos o Cole con motivos variados relacionados con esta temática.
Para favorecer a interculturalidade creamos un altar de O Dia do Mortos, representativo de Mexico xa que a nosa auxiliar de conversa é nativa deste pais.
Nel podemos ver os elementos principais que o compoñen: caveiriñas, alebrixes, cempasuchiles, candeas, papel picado, pan de morto e a fotografia de dous pintores (Frida Kahlo e Dali) fusionando a arte mexicana e a española. Ámbolos dous pintores traballámolos en Arts and Crafts.To demonstrate the cultural exchange, we created an altar of Day of the Death, representative of Mexico. We decided to create this altar as our language assistant is from Mexico.
At the altar, we can see the main elements included which are sugar skulls, alebrijes, cempasúchiles, candles, papel picado, pan de muerto, and photographs of two painters (Frida Kahlo and Dalí). In this way, we merged Mexican and Spanish art. Both painters were studied in our Arts and Crafts course.
Quedou así de bonito: