Os rapaces de infantil xa estrearon, neste curso, os contacontos na biblioteca. Nesta primeira sesión, ademáis de ler e manexar os contos da biblio, escoitaron o conto "A visita dos domingos". Canto lles gustou!!!
11/28/2014
OS NOSOS PAPÁS!!!
Como en anos anteriores seguimos tendo papás e mamás que se animan a participar nas actividades do centro complementando a labor dos mestres.
Neste caso foi Matías,o papá de Lucas e Estebán, que se animou a realizar varias charlas no centro en torno á temática da alimentación, para axudarnos a concienciar aos nosos rapaces do importante que é manter unha dieta sá e sobre todo facer todos os días un bo almorzo.

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Como ven sendo tradicional no noso cole, o día 24 de outubro "Día das Bibliotecas Escolares", agasallamos ao noso alumnado e profesorado cunha peza especial de títeres titulada "Os músicos de Foz" e representada por catro integrantes do grupo de teatro "Deixate de contos", do noso centro.
11/27/2014
APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Un curso máis, iniciamos as actividades na Biblioteca Escolar. Para animar aos nosos rapaces e profesorado a utilizala decidimos realizar unhas sesións especiais con cada curso de primaria.
Nestas sesións pretendemos recordar normas, formación de usuarios... e dar a coñecer o novo cartaz publicado por las Bibliotecas Escolares de Galicia co lema "Biblioteca Escolar... Matemático!!!
En relación coas matemáticas, decidimos facer cos rapaces as seguintes actividades:

- Conversa en torno á pregunta, que é para ti ler matemáticas?.
- 1º, 2º e 3º curso: Búsqueda de formas xeométricas pola biblioteca. Lemos matemáticas a través dunha ficha de actividades.
- 4º curso: Elaboración de un mural con formas xeométricas planas.
- 5º e 6º curso: Completamos o mural iniciado con cuarto, utilizando cubos decorados
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)