Amosando publicacións coa etiqueta axudantes de biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axudantes de biblioteca. Amosar todas as publicacións

5/04/2026

DÍA DO LIBRO

 O DÍA DO LIBRO CONMEMORÁMOLO O 23 DE ABRIL, POR QUE?

  • O Dragón e a Cidade: Un enorme dragón aterrorizaba  a cidade de Silca en Libia, obrigando os seus habitantes a ofrecerlle alimentos e logo persoas elixidas ao chou para calmalo.  
  • O Sacrificio da Princesa: O sorteo elixiu á filla do rei. Mentres ela agardaba o seu destino, apareceu o cabaleiro Jorge montado no seu cabalo branco.
  • A Batalla e a Rosa: San Jorge  enfrontouse á besta e matouna coa súa lanza. Do sangue do dragón brotou unha roseira con rosas vermellas, e Jorge regaloulle unha á  princesa.
  • Conversión: Tralo rescate, os habitantes convertéronse ao cristianismo.
  • Simbolismo: Considérase unha alegoría da loita entre o ben (San Jorge/a Igrexa) e o mal (o dragón/o paganismo).
Significado Cultural: A festividade de San Jorge celébrase o 23 de abril, sendo especialmente relevante en lugares como Aragón e Cataluña (onde é tradición agasallar un libro e unha rosa), coincidindo co Día do Libro. A historia deste "santo guerreiro"  inspirou innumerables obras de arte e literatura.


No cole celebrámolo de varias maneiras:
 
  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, na área de Plástica compuxo un mural con "O meu libro favorito".
  • O alumnado de Infantil tamén compuxo o seu propio mural.




  • O xoves 30 de abril fixemos "Os apadriñamentos lectores": o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria "apadriñou" un ou dous nenos do resto dos cursos, é dicir léronlles contos, falaron, xogaron xuntos... na cuarta sesión do día e en diferentes lugares do patio.
 
FOI UNHA SESIÓN DA QUE GOZAMOS MOITO!!!































































  • Os apadriñados ou amadriñados deseñaron marcadores de puntos de lectura para os agasallos aos seus lectores.


12/20/2025

LECTURAS COMPARTIDAS

 Un grupiño de rapazas e rapaces de 6º de Primaria, dos axudantes de biblioteca, prepararon unhas actividades para realizar co resto do alumnado do cole, na Hora de ler, na biblioteca e agrupados por Ciclos.

GOZARON MOITO!!!!























11/27/2025

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, 25 DE NOVEMBRO

A violencia de xénero constitúe unha das violacións dos dereitos humanos máis persistentes e devastadoras do noso tempo. Afecta a mulleres e nenas polo simple feito de selo, vulnerando a súa liberdade, integridade e dignidade. É un problema estrutural que se manifesta en todas as sociedades e en todos os ámbitos da vida, impregnando todas as esferas da nosa sociedade.

Nós, no cole, intentamos sensibilizar ao noso alumnado deste gran problema e educar uns nenos e nenas no respecto e tolerancia aos demais. 

Durante os últimos quince días investigaron sobre mulleres pintoras, debateron, colorearon, crearon pinturas, buscaron frases axeitadas... para compoñer os dous murais que expuxemos no colexio e polos que vai pasando todo o alumnado.