12/10/2015

COÑECENDO FOZ POUCO A POUCO

RECORDADES O NOSO PROXECTO?????


NON?????!!!!!!!!

Pois hai que ir facendo memoria!!!! Son xa tres cursos nos que vimos aprendendo moitas cousas sobre o noso Concello: Carpinteiros de Riveira, Os castros, A traxectoria musical, Os mosaicos, Monumentos, Entroido....  BUFFFFFF!!!!!!

Por iso, dende a Biblioteca Escolar, decidimos facer unha exposición na entrada do cole, con todos os materiais elaborados nestes últimos anos.
 Para motivar aos nosos rapaces a revisar e recordar... puxemos en marcha un concurso que resolvemos en dúas fases. En cada fase debían contestar unha batería de preguntas que lles facía investigar nos traballos expostos.
Con isto pretendiamos, ademáis de recordar, motivar tanto ao alumnado como ao profesorado, no inicio dun novo tema de traballo para este curso escolar: "Foz e os normandos".

O día da celebración da "Conmemoración do día contra a violencia de xénero", ao finalizar o acto fixemos a entrega de premios aos gañadores do concurso:

BRUNO RODRÍGUEZ DOCOBO
MIGUEL RÍO GAVÍN

NORABOA!!!!








DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis, puxémonos a traballar para poder conmemorar este día tan sinalado. Unha data cunha temática dificil, á que desta vez lles tocou expoñer ao alumnado de quinto e sexto de primaria e na que dende logo non deixaron indiferente a ninguén!!! 

Bo traballo rapaces!!!

RECREOS

MIRADE QUE RECREOS MÁIS ANIMADOS NA BIBLIO!!!!!


MAGOSTO

E como non iamos comer castañas neste curso!!! Por suposto!!!

Os papás e mamás dos nosos alumnos e alumnas de sexto de primaria, puxéronse a traballar para poder disfrutar desta conmemoración. Os nenos e nenas que quixeron, probaron este rico froito por 1€, diñeiro que sirve para recaudar fondos para a excursión da fin da etapa de primaria.






 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Non podía ser menos!!!!! Como non, un ano máis, unha pequena representación do noso grupo de teatro "Deixate de Contos", fixo unha pequena obra baseada no conto tradicional "A Galiña dos ovos de ouro". 
Realizáronse catro pases para que todos os nenos do cole disfrutasen de tres actores estupendos con música e sons en directo. 
TODO UN ÉXITO!!!!!

SAMAÍN

SUMANDO FORZAS!!!! QUE BEN O PASAMOS!!!!

Unha gran idea xurdiu este curso!! A ANPA do cole coa colaboración da nosa BIBLIOTECA ESCOLAR, dispuxeron unha gran velada para festexar unha das nosas tradicións, O SAMAÍN!!!

Todos os nenos e nenas estaban convidados a participar no desfile que organizamos polas rúas de Foz, disfrazados da "Santa Compaña" QUE MEDOOOO!!!!

A continuación, os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que se atreveron...... disfrutaron dunha gran velada con posterior noite no centro na que non faltou música tradicional e unha gran bebida de bruxas....

Dende aquí agradecer ao Concello a axuda na decoración das rúas, á Policía Municipal no regulamento do tráfico, a Radio Foz pola difusión da notica e ao GADIS as súas aportacións para o almorzo do día seguinte.




BIBLIOTECA MUNICIPAL

Durante o primeiro trimestre, foron varias as titorías que acompañaron aos alumnos á biblioteca municipal. Dende o Equipo de Biblioteca consideramos moi importante estas visitas. Todos os nosos alumnos deben coñecer esta instalación, xa que ofrece diferentes recursos e posibilidades que apoian e complementan á función educativa.




FORMACIÓN DE USUARIOS E AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Coma todos os anos, no mes de setembro, iniciamos a andaina na nosa biblioteca cunhas sesións de benvida nas que recordamos as normas de funcionamento e organización. Por aquí pasaron todos os nenos de primaria xunto coas súas titoras.
E no mes de outubro realizamos a convocatoria e posterior selección de "Axudantes de Biblioteca", entre o alumnado de quinto e sexto de primaria, para este curso escolar.





12/01/2015

SAÚDOS!!

Saúdos a toda a comunidade educativa que seguides este blog de biblioteca!!
Que apurados estivemos neste trimestre!!!! Bufffff!!!! Cantas actividades realizamos e non vos fixemos partícipes delas!! 
Nas seguintes publicacións irémosvos facendo un resumo de cada unha delas.

FORMACIÓN DE USUARIOS

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

SAMAÍN E MAGOSTO


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


CONCURSO "COÑECENDO FOZ POUCO A POUCO"

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

6/30/2015

TEATRO DE PAIS

Un ano mais despedimos o curso cunha peza de teatro interpretada polo grupo "Deixate de contos", formado por pais, nais e mestres, que dende hai uns anos veñen realizando a finais de curso.
A peza deste ano leva por título "Misterio na tenda de roupa", unha peza escrita por una autor local "Pepe Peinó" que moi amablemente nola deixou.


Gracias a todos pola vosa participación!!! e bo verán!!!

 

6/20/2015

CONTACONTOS INFANTIL

A VIDA É ARTE

As últimas sesións de contacontos de infantil na biblioteca, estiveron relacionadas coa Unidade Didáctica que estaban traballando nas aulas de 3 anos.
O primeiro conto escenificado foi "Aínda nada"



CONTACONTOS - AÍNDA NADA - Kizoa Movie Maker


E o segundo contacontos foi "Aquiles, o puntiño", solo contado para 3 anos por falta de horario a finais de curso.


6/12/2015

GUIAS DE LECTURA PARA O VERÁN

Aquí van!!     Recén saidiñas do forno!!!

Que pasedes un bo verán!!!






CONTACONTOS - CONSORCIO

Dende hai xa uns anos, a editorial "Consorcio" ven a agasallarnos cun contacontos pola merca de fondos documentais para a nosa biblioteca. 
Este curso puidemolo disfrutar coa visita de Ignacio Vilariño o pasado martes día 9 de xuño.

PASÁMOLO XENIAL!!!



LETRAS GALEGAS 2015 - PRIMARIA

Seguimos a celebrar o día das nosas letras dun xeito moi especial! Alumnos, profesores incluso pais e nais, traballamos para poder montar unhas pezas teatrais verdadeiramente xeniais!!!

Este ano as pezas de primaria foron as seguintes:

- 1º curso: “Carapuchiña vermella”.
- 2º curso: “O libro máxico”.
- 3º curso: Presentación do autor Xosé Filgueira Valverde.
- 4º curso: baile galego “Os antollos da margarida”.
- 5º curso: “Un telexornal moi pouco formal”.
- 6º curso: “A decisión de Vilalimpa”.


LETRAS GALEGAS 2015 - INFANTIL

Un ano máis e como ven sendo tradicional no noso centro, celebramos o día das letras galegas cunhas actuacións teatrais. Durante unhas semanas, profes e nenos, traballan intensamente para que todos podamos disfrutar delas.

Este ano, por parte dos nenos de infantil puidemos disfrutar de tres cancións coreografíadas e unha escenificación  dos nenos de 5 anos:

- Infantil 3 anos A: Canción “A miña tía”.
- Infantil 3 anos B: Canción “Unha vella tiña un can”.
- Infantil 4 anos: Canción “Métete baixo o mar”.
- Infantil 5 anos: Homenaxe a Rosalía de Castro coa
  dramatización de “Negra Sombra”, “A barbería que tolería”,
  interpretación da canción “Un canto a Galicia” con voces das
  nais e acompañamento con dúas guitarras por parte de dous
  pais (pais e nais de alumnos desta clase).


4/30/2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Como ven sendo xa unha tradición no noso centro, un ano máis levamos a cabo a actividade dos "Apadriñamentos Lectores" para conmemorar o "Día do Libro".
Este ano tivemos que pospoñer a actividade por mor do tempo... e por fin conseguimolo facer o pasado 28 de abril.
Coma sempre... unha actividade fantástica da que disfrutamos moitísimo, os padriños lendo aos seus afillados, os afillados absortos coas lecturas que lles brindaban os seus padriños e agasallandoos cunha manualidade feita por eles e os mestres marabillados co ambiente entrañable que xera está actividade!!!

3/19/2015

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Nós no noso centro tamén o conmemoramos con traballos de aula:
v En primeiro centráronse no traballo das mamás, tanto doméstico como fóra da casa; fixeron debuxo individual sobre o tema.
v En segundo traballaron o conto “O libro dos porcos”.
v En terceiro fixeron un poema con lectura en común de todo o grupo, acompañados con música de fondo.
v En cuarto centraron o traballo en Malala.
v En quinto buscaron información nas redes sobre mulleres que destacaran na Historia.
v En sexto centraron o traballo na problemática actual da muller no mundo. Investigaron para completar a información de quinto e plasmaron todo nun mural.

Os traballos realizados polos diferentes cursos expuxéronse nos distintos espacios do colexio.
O venres 13  de marzo de 2015 xuntámonos no salón de actos tódolos cursos de Primaria para unha posta en común dos distintos traballos realizados.
Resultou moi interesante.




3/18/2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



            O día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Nós tamén participamos. Catro alumnos de 6º acudiron en directo á emisora local de radio, radio foz, a recitar poemas de Rosalía de Castro e falar da súa persoa.
            No centro propuxemos unha actividade que consistíu en colgar no taboleiro, á vista do alumnado, a pregunta - que sabes sobre Rosalía de Castro?, coa finalidade de fomentar a participación das rapazas e rapaces, investigando sobre a figura da devandita escritora.
            A resposta máis orixinal sería premiada. Así foi e o premio recaeu nun alumno de 3º. Tamén lle demos un premio á clase de 2º, polo seu alto nivel de participación.









IAGO O CONTACONTOS

CONTACONTOS

         O día 9 de marzo do presente curso, por xentileza da editorial Anaya-Xerais, visitounos o contacontos Iago.
         Estivo con nós para escenificarnos o conto “Augusta e os seus medos”.
         O horario foi de 12:30 a 13:40. Primeiro actuou para os rapaces de Infantil e seguidamente para os rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria.

         Gustoulles moito. 


CONTACONTOS INFANTIL - PEDRO E O LOBO

PEDRO E O LOBO

O primeiro contacontos na biblioteca nesta 2ª avaliación adicouse a “Pedro e o lobo”.          Participaron os catro grupos de Infantil, distribuídos en luns e venres: venres 30 de Xaneiro o grupo de 3 anos A, luns 2 de Febreiro o grupo de 4 anos, venres 6 de Febreiro o grupo de 5 anos e o luns 9 de Febreiro o grupo de 3 anos B.
 A actividade constou da manipulación libre de libros adaptados á sua idade, da lectura-escenificación do conto, da identificación das personaxes e unha ficha adaptada a cada grupo.


ENTROIDO 2015



ENTROIDOOOOO!!!!!


Canto traballaron os nosos rapaces!!! Que disfraces tan chulos!!! Ahí van as fotos, disfrutádeas!!!



DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA



O 30  de  xaneiro  celebrouse  un  acto    no colexio  co  fin  de conmemorar o Día escolar da non violencia e da paz.
Nesta ocasión os rapaces e rapazas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de levalo a cabo e expoñérllelo o resto do alumnado..
O alumnado de 2º comezou  cunha  breve exposición sobre a figura de Gandhi,  o recordo  dalgunha   das  súas  frases  máis célebres e unha reflexión sobre o que é paz para eles e elas.



A  continuación os nenos e nenas de 1º fixeron unha lectura dramatizada sobre o libro “ A Galiña azul”, de Carlos Casares.



Logo proxectouse unha curta titulada “Chámome Paz”, que falaba da vida dunha nena nun país en guerra. A dobraxe foi feita polo alumnado de 2º.



Despois os nenos e nenas de 1º recitaron un pareados que eles mesmos compuxeron.



Finalmente os rapaces e rapazas de 1º e 2º interpretaron o poema  “Cantarola dos Nenos”, de Xosé Neira Vilas.
Para rematar o acto, todos os nenos e  nenas do colexio cantaron a canción “Campás pola Paz”, de Migallas, que previamente prepararon nas clases de música.



Os rapaces e rapazas de 6º tamén traballaron en torno ao tema da paz no mundo
compoñendo  os seguintes murais: