Soando de fondo o tema "La puerta violeta" de Rozalen, para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de 3º e 4º de Primaria homenaxeou as mulleres asasinadas no que vai de ano (37). Para isto comezaron a xornada facendo unha reflexión sobre as frases que máis escoitamos para reinvidicar estes feitos. A continuación, acorde co PDI anual , vincularon este día co "Camiño", representando o nome das mulleres asasinadas en cadansúa cuncha dos peregrinos. Todos xuntos tomamos unha decisión: A VIOLENCIA NON É O CAMIÑO".
Finalmente repartiron unhas chapas conmemorativas que eles mesmos deseñaron e elaboraron.
Ademais disto, nas diferentes titorías traballouse este tema intentando concienciar ao alumnado da importancia de que nada se soluciona con violencia: "O DIÁLOGO É O CAMIÑO"
25 DE NOVEMBRO: A VIOLENCIA NON É O CAMIÑO de Bibliochicharrón Foz
Continuando coas celebracións desta data, o mesmo alumnado de 3º e 4º recibiu unha visita moi especial: dúas usuarias do Centro de Maiores de Foz, Concha e Lola. Viñeron contarnos as súas vivencias como mulleres traballadoras e adiantadas á época na que lles tocou vivir. Falaron da desigualdade que había entre homes e mulleres e as dificultades coas que se atoparon. Para rematar, contáronlles un conto e aproveitaron para recordar a súa etapa escolar.
Esta actividade está englobada no Proxecto de Igualdade da ANPA do noso Centro.
Concha e Lola un exemplo a seguir!!!!! BRAVAS!!!!!CONTOS NO CAMIÑO de Bibliochicharrón Foz