11/30/2018

ÚLTIMAS NOVIDADES

Aquí tedes as últimas adquisicións da biblioteca. Esperamos que vos gusten.





11/29/2018

Todos pola inclusión!

Durante un mes, temos na nosa biblioteca a "Maleta de Inclusión Educativa", cheíña  de materiais dos que seguro disfrutaredes moito!!!!


11/27/2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemoramos o "Día  Internacional contra a Violencia de Xénero", recordando  o asasinato das irmás Mirabal na República Dominicana.

Os nenos e nenas de 2º de primaria fixeron unha exposición na que nos achegaron os seus pensamentos e sentimentos ao falar dun tema tan complicado e delicado.

 Isto foi o que nos contaron:

Nós, aínda que podemos parecer pequenos e pequenas, non entendemos como un home pode pegar a unha muller ou non respectala.

No que levamos de ano no noso país morreron... mulleres asasinadas polas súas parellas.

O día 27 de setembro, en menos de 8 horas, morreron 4 mulleres en España.

Chamábanse Nerea, Nuria, Martina e Maguette.

Dúas mulleres e dúas nenas asasinadas por homes.

Isto é insoportable!

Basta xa!

As mulleres non son cousas!

As mulleres non pertencen a ninguén!

O amor non doe!

Os homes teñen que aprender isto dende pequenos.

Súas nais, seus pais, os colexios e a sociedade, deben educalos no respecto á muller.

Nin unha muller menos neste planeta polos actos dun home machista.

Por Nerea, Nuria, Martina e Maguette...

Por todas as que xa non teñen a posibilidade de amar, ver un atardecer, probar os anacardos, sentir a brisa do mar, visitar París...

E por todas as que xa non teñen vida!

Por todas , imos conseguilo!









11/22/2018

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Nesta ocasión, o alumnado de Educación Infantil dirixido polos seus Mestres, realizaron unha actuación para conmemorar este día.

Comezamos escoitando e cantando a coñecida "We are the World" de Michael Jackson.

A continuación, interviron varios nenos para contarnos o seguinte:

OLA, BO DÍA.
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA INFANCIA 
E POR ISO BERRAMOS:
- SOMOS OS NENOS
- SOMOS O MUNDO
E XUNTOS CONSTRUIREMOS
UN FUTURO CHEO DE:
AMOR
SORISOS
E LUZ.

Finalmente cantamos a canción "Yo tengo derecho a jugar" dos "Cantajuegos".

Ao final da exposición quedou un mural precioso, composto durante a representación polo alumnado de infantil utilizando imaxes elaboradas por eles.

O resultado foi estupendo, tal e como lles berraban todos os expectadores:

 "B-R-A-V-O- BRAVO!!"









11/13/2018

NOVIDADES NOVEMBRO

Temos novidades na biblioteca e moitas son das vosas recomendacións, así que xa sabes... pásate pola biblio!!!

 No seguinte enlace podedes acceder a web do centro para ver o cartaz de novidades. Esperamos que disfrutedes moito coas lecturas.

WEB DO CENTRO - NOVAS DE BIBLIOTECA

11/04/2018

IV SAMAÍN - 2018

Como xa ven sendo tradicional, o pasado martes 30 de outubro, celebramos o samaín con pernocta no centro en colaboración coa ANPA.

O programa foi o seguinte:

- 18:00 horas, actuación do mago "Clown".

- 19:30 horas, desfile da "Santa Compaña Infantil" polas rúas de Foz.

- 20:30 horas, regreso ao centro do desfile.

- 21:00 horas, cea no centro por cortesía da ANPA.

- 22:30 horas, representación do baile de "Bruxas" pola asociación "O Feitizo".

- 24:00 horas, pernocta no cetro con contos e historias de …. Que medooooo!!!!

- 08:00 horas, almorzo no centro antes de subir ás aulas.























DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis, o Equipo de Biblioteca, estivo encantado de conmemorar con todo o centro esta data tan especial.
Para elo, a nosa mascota "Don Chicharrón", pedíulle a todo o alumnado que debuxase o seu libro favorito, nunha plantilla con forma de libro.

O día 24 de outubro, antes do recreo, foron baixando curso por curso para pegar no mural da entrada do centro o seu libro favorito. Quedou xenial!!!!

Despois do recreo, entramos todos na biblioteca para disfrutar da interpretación do conto "O incrible neno devorador de libros", realizado polos "Axudantes de Biblioteca" de sexto de Primaria. Todo un luxo!!!