11/29/2013

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, día mundial contra a violencia de xénero, os nosos rapaces traballaron nas súas aulas con diferentes aspectos para concienciar sobre ésta triste realidade. Cada aula tivo que elaborar un ou varios carteis relacionados, para colocalos nunha exposición final que situamos na entrada do edificio principal do colexio.
As tematicas traballadas foron as seguintes:
- 1º curso: "Que fago coa miña ira?".
- 2º curso: "Agresividade física".
- 3º curso: "O insulto".
- 4º curso: "Que fago coa miña rabia?".
- 5º curso: "Que é a violencia de xénero?".
- 6º curso: "Discriminación entre amenaza e dereito a pedir".

CONTACONTOS INFANTIL

Os nosos rapaces de infantil volveron por segunda vez á biblio para ver e ler contos libremente, para escoitar o conto que temos preparado, facer a ficha relacionada e levar un préstamo persoal para as súas casas.

Nesta sesión os nenos de 3 anos escoitaron o conto "Tres osos" da editorial OQO e os nenos de 4 e 5 anos o conto "Avoa, xa non estás soa" da editorial Tambre.























11/27/2013

SAMAÍN 2013

Este ano, dende a biblioteca,  propuxemos un traballo de Educación Documental "O Samaín" no que pretendiamos informarnos das orixes celtas desta data. Todos os cursos puxéronse mans á obra e traballaron moito para coñecer máis a fondo os inicios desta tradición. Fixeron elementos decorativos para o centro, o alumnado de infantil participou coa súa tradicional exposición de cabazas de samaín e dende a biblioteca fixemos unha exposición de fondos e dalgúns productos de outono.

O día 30 de outubro reunímonos todo o colexio no salón de actos despois do recreo para conmemorar a data e dar a coñecer, presentar e expoñer os traballos realizados polas distintas aulas. Ademais dos traballos de educación documental tamén disfrutamos dunha dramatización do conto "Corre, corre Cabaciña" e a súa canción e outras historias contadas por alumnos de sexto curso.


11/26/2013

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Este ano tivemos un contacontos moi especial!!. Gonzalo, o pai de Alma de 4º, en colaboración cos profes Juan, Mari Paz e Noelia, contounos unha historia de príncipes e princesas de Foz onde os protagonistas eran o Rei Don Chicharrón e a súa filla a princesa Llas, unha historia inspirada no libro "Aventura na Mariña" de Eduardo Baamonde.



10/22/2013

SAMHAÍN 2013


ÁNIMO RAPAZES QUE ÉSTE ANO ÍMOS INVESTIGAR SOBRE A ORIXE DO SAMAÍN!!!
AQUÍ TEDES ALGÚNS ENLACES INTERESANTES PARA TRABALLAR O TEMA:












PRIMEIRAS VISITAS Á BIBLIO COS TITORES

Xa veñen os rapaces pola biblio, animados polos seus titores para escoller libros, lerlles algún contiño, facer algunha actividades de formación de usuarios.
Da gusto vervos por aqui!!!!





CONTACONTOS DE INFANTIL

Un ano máis os rapaces de Educación Infantil acuden á biblioteca para os chamados "contacontos de infantil", onde as encargadas da biblioteca lles deixan manipular os libros e escoller un para levar uns días ás súas casas, logo lenlles un conto e levan unha ficha relacionada para facer na aula.
Nesta primeira sesión o conto escollido foi "A voda dos ratos".





MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis as nosas "Mochilas Viaxeiras" e  "Bolsiñas de Infantil", xa están de viaxe polas vosas casas. Agardamos que vos gusten e que disfrutedes coas vosas familias dos documentos que levan.
Boas lecturas a todos!!!!

APERTURA DA BIBLIOTECA

Ola a todos!! 
Como xa saberedes neste curso escolar 13/14 o noso colexio está de aniversario, cumple nada máis e nada menos que 50 anos!!!! Imaxinades cantos nenos e nenas pasarían por aquí?
A nosa biblio tamén se suma a esta festa de cumpreanos e esperamos que vos gusten moito as actividades que fagamos ao longo do curso.


O pasado 16 de setembro abrimos a biblioteca cunha lectura moi especial,"Onde viven os monstros", xa que foi contada por unhs personaxes excepcionais que ademais foron buscar aos nenos ao patio. Ese día visitounos "Afrodita (deusa grega), unha parella de mexicanos e nada máis e nada menos que dúas bruxas!!!!
Mirade, mirade...




4/04/2013

A MÚSICA CONTACONTOS

Este ano, para despedir o segundo trimestre, tivemos unhas sesións moi especiais na biblioteca organizadas por Javier Agrelo, pai dunha nena de 5º de primaira que voluntariamente quixo preparar unhas exposicións sobre como se poden contar historias a través da música.

Os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria escoitaron e viron imaxes relacionadas e cortos de animación das obras "O entroido dos animais" de Camile Saint - Saëns, "O quebranoces" de Tchaikovski, "Concerto para piano Nº 2 - 1º movemento - allegro" de Dimitri Shostakovitch. Tamén escoitaron as bandas sonoras das películas "Piratas do caribe" e "O señor dos aneis".
Os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria o fixeron coas seguintes pezas: "Scheherazade - 2º movemento da fantástica historia do príncipe Kalender" de Rimski Korsakov, "A Cabalgata das Walkirias" de Richard Wagner, "Peer Gynt, na gruta do rei da montaña" de Edvard Grieg e as bandas sonoras de "Piratas do Caribe" e "O Señor dos Aneis".


3/22/2013

CONCURSO TÍRALLE DA LINGUA

1ª FASE - NO CEIP DE FOZ NÚMERO 1:

- Recollida de relatos orais, lendas OU...
- Elaboración de historias ou relatos propios OU...
- Selección infantil dalgunha obra de lectura da literatura Galega (narrativa, prosa ou verso).
- A extensión do material estará marcada polo tempo de lectura: NON SUPERIOR A 5 MINUTOS.
- DATA DE ENTREGA O 5 DE ABRIL.
Lectura do material aportado.

FALLO DO XURADO, CON PREMIO PARA:

- Selección do mellor material aportado.
- Selección dos mellores lectores.

OS GAÑADORES:

-Lectura e gravación do material seleccionado polos lectores tamén seleccionados.

PARA PARTICIPAR:

- Deberás inscribirte na biblioteca e entregar o relato escollido.

2ª FASE - SANTIAGO DE COMPOSTELA.

- Enviaremos a gravación dos seleccionados á "Asociación Psico - Pedagóxica Galega" para participar no concurso "TÍRALLE DA LINGUA".

- De ser lececcionados teriamos que ir a Santiago de Compostela facer unha segunda lectura o vindeiro 25 de abril. (Premio de 250€)

3/20/2013

VOTACIÓNS PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS

ATENCIÓN!!! XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA VOTAR POLOS MICRORRELATOS. SÓ PODEDES VOTAR POR TRES DELES. O PRAZO PARA VOTAR É DENDE O 18 A O 24 DE MARZO.

DO NOSO COLE PARTICIPAN CATRO ALUMNAS:

- LUCÍA AGRELO MARTÍNEZ: "MI VIDA".
- CARLA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ: "UN GRAN SUEÑO".
- ELENA KOSTADINOVA SMARDZHIEVA: "LA VEZ QUE DEJÉ LA LLAVE DENTRO".
- CARLA PALMEIRO PIÑEIRA: "EL HECHIZO".

PODEDES ENTRAR NO SEGUINTE ENLACE PARA VOTAR. ANIMO!!!!


3/07/2013

CONCURSO DE MICRORRELATOS

A Fundación Pública Gallega Camilo Fosé Cela convoca o "II concurso de Microrrelatos" e varios dos nosos alumnos animáronse a participar.

Podedes facer clic na imaxe para ver na páxina da Fundación os Microrelatos.


3/05/2013

RECURSOS PARA O 8 DE MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

FAI CLIC NA IMAXE E ACCEDERAS A RECURSOS  PARA O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

3/01/2013

ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro, día adicado a "Rosalía de Castro", coincidiu éste ano co 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos", libro que marcou o inicio do rexurdimento da literatura galega.

Esté ano, dende a asociación de escritores da lingua galega, propuxeron aos centros escolares unha actividade que consistía en grabar a lectura dun poema de "Cantares Gallegos", previamente escollido. Unha vez grabado o video tivemos que mandarlo a a asociación de escritores para que o colgaran na súa web.

Dende o equipo da biblioteca pareceunos unha boa idea e decidimos participar. O poema seleccionado foi "Campanas de Bastabales" e a lectura a fixeron alumnos de quinto curso.




2/22/2013

ENTREGA DE PREMIOS "SAN VALENTÍN"

O xoves 21 de febreiro tivo lugar na biblioteca un pequeno acto para a entrega de premios do concurso de "San Valentín".




Para elo tivemos un pequeno contacontos realizado por dúas alumnas voluntarias de 4º curso, Coral e María.



A continuación demos os premios do concurso:

1º PREMIO:  CORAL REY OLIVEROS E MARÍA MÍGUEZ RODRÍGUEZ (4º curso, traballo en grupo).
2º PREMIO: CARLA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (6º curso, traballo individual).



l

AQUÍ VAI A INVESTIGACIÓN QUE FIXERON:




2/14/2013

CONCURSO - SAN VALENTÍN

14 DE FEBREIRO - DÍA DE SAN VALENTÍN

 Dende a biblioteca querémosvos propoñer o seguinte concurso de investigación sobre este día no que teredes que resolver as preguntas que a continuación vos suxerimos:

1. Quen foi San Valentín?
2. Que fixo para convertirse en patrón dos namorados?
3. Por que se celebra o 14 de Febreiro o día dos namorados?
4. Como se celebra noutros países?
5. Busca ou inventa algunha poesía relacionada co amor ou a amizade.

Podedes resolvelas individual ou por parellas e deberedes entregar as respostas na biblioteca o vindeiro luns 18 de febreiro.

RECURSOS:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/ct_valentin/valentin.htm#introduccion

2/08/2013

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no cole o día da paz cunha morea de actividades que resultaron moi interesantes.
Para quentar motores, durante os primeiros días da semana, todos os rapaces do cole decoraron unhas pombas que serviron de exposición nas entradas dos dous edificios.


Nas aulas traballaron un montón. Os nenos de 4º fixeron un espectacular traballo de investigación para contarnos a todos por que celebramos este día e quen foiMahatma Gandhi. Os rapaces de 2º, 5º e 6º prepararon unhas poesías da paz para recitarnos nunha sesión moi especial!!!!
Nos seguintes enlaces podedes ver as fotos do acto e os audios das poesías.

Ir a descargar

Ir a descargar

Ir a descargar