O CEIP Plurilingüe de Foz número 1, deséxalle bo Nadal a toda a comunidade educativa!
O CEIP Plurilingüe de Foz número 1, deséxalle bo Nadal a toda a comunidade educativa!
Dende a biblioteca queremos que non vos aburrades e propoñémosvos algo para ler, xogar e compartir en familia.
Que o pasedes ben e a ver se vos gusta o que vos suxerimos.
Bo Nadal
No noso cole conmemoramos o Día da Discapacidade con diversas actividades:
- O alumnado de Infantil, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", elaboraron un fermoso mural.
- O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, facendo alusión ao proxecto global de centro "A Música", traballou a discapacidade coñecendo músicos máis que "capacitados".
E para rematar, cantamos "Eu teño alguén" empregando a linguaxe de signos e pictogramas.