Un ano máis puidemos desfrutar dun obradoiro de biblio creativa, grazas á dotación que recibimos dende a Consellaría pola participación neste programa.
Nesta ocasión, tivemos a sorte de contar con José Antonio Rey Pita, un fantástico profesional que domina ás mil marabillas o deseño vectorial para traballar con cortadora láser e plotter de corte.
Así puxémonos mans á obra para crear uns deseños cos rapaces que despois levaríamos ao traballo dixital para crear colares e bolsiñas personalizadas.
Quedaron xenial e pasámolo estupendamente ben!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario