2/26/2026

O ENTROIDO

 O pasado venres, 13 de febreiro, celebramos O ENTROIDO no noso cole. O tema dos disfraces foi o do PDI "Todos pintamos algo". Cada curso ou ciclo elaborou o seu propio vestiario.

A proposta da ANPA, deseñáronse caretas e expuxéronse no patio cuberto.

O mal tempo non nos permitiu desfilar pola contorna do cole, así que fixemos a festa no pavillón: desfile, baile... tendo as familias como público.

Contamos coa visita do Rei do Entroido de Foz e das súas Damas de Honra. MOITAS GRAZAS!!!

PASÁMOLO XENIAL!!!




























2/07/2026

CONTACONTOS

O pasado 5 de febreiro, Javier Agrelo, pai da exalumna Lucía, agasallou ao noso alumnado e profesorado cuns divertidos contos escritos por el a partir de dados para crear e contar historias.

PASAMOS DÚAS HORAS MOI ENTRETIDAS!!!

GRAZAS JAVIER!!!














2/01/2026

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Este DÍA ten por obxectivo promover a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos DEREITOS HUMANOS, a non violencia e a paz.

Nós, para conmemorar esta data, pedímoslle ao alumnado cadansúa caixa de calzado envolta en papel branco e cunha cara decorada con palabras, expresións, citas, debuxos relacionados coa PAZ.

 O obxectivo era construír un MURO DA PAZ. E así o fixemos












O DÍA 30 de xaneiro, en dúas quendas, todos pasaron a observar o mural e a escoitar o conto "ABAIXO OS MUROS!".








O alumnado de Infantil coloreou unhas vidreiras con pombas que se colgaron do teito do recibidor do seu edificio.






QUEDOU TODO CHULÍSIMO!!!