4/29/2019

PODCAST DA RADIO NA BIBLIO

O pasado mes de abril, estivemos traballando para a gravación de tres programas de radio cos que participamos no "I Concurso de Podcast - Radio na Biblio", convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Na elaboración destes programas, participou alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

O guíon do primeiro podcast, elaborouno o Equipo de Biblioteca e gravaron o programa "A máquina do tempo".
Os rapaces de cuarto e sexto, investigaron sobre as temáticas tratadas e xunto coas mestras do Equipo de Biblioteca gravaron os programas.

Nos seguintes enlaces podedes escoitar os programas:

PROGRAMA Nº4: "A MÁQUINA DO TEMPO".

PROGRAMA Nº5: "A CONTAMINACIÓN DOS PLÁSTICOS".

PROGRAMA Nº6: "LENDAS DE FOZ".

Por se vos apetece seguir escoitando... deixamos colgada a entrevista completa do supermercado e a canción da reciclaxe, interpretada por Esmeyli Arias, unha alumna do centro. Non puidemos poñer estes traballos completos nos programas por mor da limitación de tempo, pero merece a pena escoitalos...

ENTREVISTA NO SUPERMERCADO.

CANCIÓN DA RECICLAXE.









4/24/2019

DÍA DO LIBRO

E como non... 

non podían faltar os "Apadriñamentos Lectores" polo "Día do libro".


Ésta é una das actividades máis entrañables, bonitas e gratificantes que facemos cos nosos rapaces. Ano tras ano, os nenos maiores, apadriñan a un e nalgún caso dous afillados para lerlles contos que seleccionaron previamente para eles. E por se fose pouco… os afillados agasallan aos seus padriños cuns marcadores feitos por eles.

Nos exteriores do centro, buscan un recunchiño para compartir as lecturas. Cando rematan, padriños, madriñas e afillados, comparten un pequeno tempo de xogo.

Aí van as fotos... 




















CONTACONTOS: ¡VOY A COMEDTE!

Pero... qué lle pasaba a este lobo???? 
Tiña fame, pero.... 
non vos parece que falaba un pouco dado????


Que sorpresa nos tiñan agardada estas profes de biblioteca!!!  Non puidemos ter mellor final de segundo trimestre... Canto nos divertimos con estas "contacontos", que ben o fan!!
















DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Para conmemorar o "Día mundial da saúde", nada mellor que reunirnos todos na biblioteca e disfrutar dunha obra de teatro representada polos rapaces de cuarto. Con ela déronnos a todos moitos consellos e tentaron correxir algúns hábitos que non son moi saúdables...

Canto nos rimos!!!! Xenial rapaces!