6/23/2023

FESTIVAL FIN DE CURSO

O curso está dando os seus últimos coletazos e xa non queda nada para as vacacións de verán.

E que mellor despedir o curso con teatro, desfrutando coas actuacións dos rapaces e rapazas que levan semanas ensaiando para que todo saia perfecto.

Os nenos e nenas de 4º de Infantil cantáronnos a canción "A abuela Manuela".

O alumnado de 6º de Infantil interpretaron a obriña "A ledicia dos animais".

1º e 2º de Primaria escenificaron "O frautista de Hamelím".

5º de Primaria puxo o punto final con "Pirata".

Gustounos todo moitísimo. 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO de Bibliochicharrón Foz

GRADUACIÓNS

Un curso máis tivemos graduacións en 6º de Infantil, o 20 de xuño, e de Primaria, o 14 tamén de xuño.

En ámbalas dúas foi o alumnado máis novo o encargado de entregar os diplomas.

Foron dous actos moi entrañables no que nos acompañaron os pais dos alumnos graduados.

Que vos vai moi ben na nova etapa e que voedes moi alto!!!!!!!.

 





6/16/2023

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

 Como cada mes de xuño elaboramos unha guía con recomendacións lectoras para o verán e poder complementar eses días de xogos e praia.

Esperamos que vos gusten algúns deses libros.

 

BO VERÁN!!!!!


GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023 de Bibliochicharrón Foz

CONCURSOS

 Coma todos os anos, no cole participamos en varios concursos e sempre acadamos algúns premios.

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE "O NADAL"

Convocado polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán de Begonte.

Acadaron segundos premios dous alumnos do 1º Ciclo de Primaria:

Antonio Maseda Díaz

Kenya Lousas da Costa 

E tamén de 6º de Infantil:

Jaime Fernández Cuervo


CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023:

Jimena Castro Serrano acadou o 3º premio da fase local, categoría A. Dito concurso convocouno a Biblioteca Pública de Lugo sobre o tema "Libros para xogar, libros para vivir".

Este debuxo participa na fase provincial.



MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL NA CATEGORÍA INFANTIL-1

Neste concurso convocado por La voz de Galicia, acadaron o 1º e o 2º de 1º de Primaria:

Vera Posada Fernández, con "Unha noite de terror en Tui".

Eire García Fernández, con "O futuro militar da princesa Leonor".

 



 

CERTAME TERRACHÁ DE CREACIÓN INFANTIL E XUVENIL

Tivemos gañadores de 1º Ciclo:

Gael Santos Currás

Carmela Río Gabín

Anwar Choraifi Salmi 

David Starviala

Leire Alejos Díaz

Aldara Sánchez Rodríguez

E de 3º Ciclo tamén:

Nuno Moreda Currás 

 

NORABOA A TODOS!!!!!!!


 



6/09/2023

OBRADOIRO - BIBLIOTECA CREATIVA

 Hoxe, venres 9 de xuño, tivemos a sorte de contar novamente con Paola Guimeráns na nosa biblio; especialista en aulas de inovación tecnolóxica, STEAM. Obradoiro que realizamos grazas á dotación económica recibida no centro pola participación no programa "Bibliotecas Creativas".

Nesta ocasión, formou á rapazada de quinto e sexto de primaria na introdución ao uso da placa "microbit", coas que esperamos contar para o curso que ben, aportando novos materiais ao noso "Espazo Maker". Tamén nos falou das aplicacións e uso desta placa, a creación de E-Téxtiles e moitas ideas que recollemos e utilizaremos.

Un pracer e unha honra contar coa súa presenza!






 


6/08/2023

MEDIO AMBIENTE EN INFANTIL

O 5 de xuño para celebrar o día do Medio Ambiente os nenos e nenas de  Educación Infantil plantaron cadanseu xeranio e colocáronlle unha bonita etiqueta na maceta.

Recordemos:

 TODOS OS DÍAS DEBEMOS COIDAR O NOSO MEDIO PARA ASÍ COIDAR E PROTEXER O NOSO PLANETA.

                                       XUNTOS PODEMOS!!

 

Medio Ambiente en Infantil de Pepu

6/07/2023

A SOSTIBILIDADE EN 6ºA

O alumnado de 6ºA segue co compromiso de coidado medioambiental e vendo o lixo que queda os días de mercado decidiu tomar cartas no asunto.

Elaborou unha campaña de concienciación para os comerciantes dos distintos postos de dito mercado.

Empezaron por escribir un manifesto:

Facer copias e enrolar cada unha ben bonita:

 

 


Ir ao mercado e entregarlle unha a cada posto, xunto coa charla correspondente de concienciación:







6/06/2023

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

 Como cada curso, hoxe 6 de xuño tivemos o privilexio de gozar dun concerto de músicos da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE FOZ.

Querían animar ao alumnado a aprender a tocar instrumentos acudindo a dita escola.

Explicaron características dos instrumentos e interpretaron varias  bandas sonoras de películas infantís.

Que gozada!!!!!! Noraboa e grazas















 

A SOSTIBILIDADE EN 5º DE PRIMARIA

 O alumnado de 5º de Primaria, elaborou un traballo, onde falaron da influencia do home nas características dos climas de Galicia e España. Expuxéronnos en varias clases de Primaria.



 

INFLUENCIA DO SER HUMANO NO CLIMA de Bibliochicharrón Foz

O UNIVERSO

Este é o programa de radio adicado ao universo que preparou a rapazada de quinto de primaria, a partir dun proxecto de educación documental iniciado na titoría.








6/05/2023

A REUTILIZACIÓN EN PLÁSTICA

A reutilización de materiais forma parte da sostibilidade, así que na área de plástica aproveitaron os envases de cartón das pantallas dixitais, rafia, recortes de revistas...para realizar moitos dos traballos anuais. 

PICASSO FACES

 Pablo Picasso is one of the most famous artists ever known. His method is famous in art classes as he was experimental in his approach to arts, using cubism as he often paint a common object or person from lots of different angles in one picture.

The classes of 6A and 6B worked in groups to make an artwork that encompasses this method of Picasso.

In this project, the students used recycled boxes and cardboards to form all the parts of the face. They also utilized bright and vibrant colours. They used an abstract method to form the face so they had the freedom to create the face that they prefer.

This is a good project for students to widen their imagination, improve their painting and cutting skills, and be creative!

The final artworks look bold, strange, and artistic!

 


 


MÁSCARAS de Bibliochicharrón Foz

 

ÁRBORE DO DÍA DA PAZ

 


MAQUETAS DE ANTROIDO

 

MAQUETAS ANTROIDO de Bibliochicharrón Foz

 

PAISAXE DE INVERNO 


 

 

OBRADOIRO DE RADIO

Hoxe, 5 de xuño, visitounos Cristina Corral Soilán, de Rede Espora, para un OBRADOIRO DE RADIO,  co alumnado de 5º de Primaria durante tres sesións.

Traballaron o proceso de elaboración e posterior gravación dos podcast. 

Tema: Publicitar Foz

Queda a continuación un enlace con traballos moi interesantes:

 Rede Espora

 




 

Gustoulles moito.