6/03/2025

EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA "RÍA DEL EO"

O día 2 de xuño, o alumnado de 1º, 2º de Primaria e tres mestras foron de excursión á granxa escola "Ría del Eo" en Castropol, Asturias.

Ao chegar, amasaron pan e fixeron boliños. Viron coellos, galiñas, galos, cabras, un poni, un burro, a horta, plantas aromáticas, plantaron leitugas no invernadoiro, xogaron polo campo, entre eles e cos cans. Explicáronlles para que servían os apeiros de labranza que tiñan nunha exposición. Fixeron candeas, explicáronlles algo das abellas, comeron e montaron a cabalo. 

Estiveron divididos en dous grupos con cadansúa monitora que lles ía explicando todo o que vían. 

Despois da merenda, regresaron a Foz. 

GOZAMOS MOITÍSIMO!!! 



  

Para máis información podedes visitar a súa páxina web: 

Ganja escuela Ría del Eo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario