5/24/2019

BUSCAMOS NOME PARA A NOSA RADIO


Como consecuencia da posta en marcha da nosa radio escolar, convocamos un CONCURSO de ideas para darlle un nome.

 
BASES:
ü Poderán participar todos os nenos e nenas de  Educación Primaria.
ü As ideas serán orixinais e inéditas e deberán ser entregadas na biblioteca, nun sobre pechado onde se indique o nome e apelidos do autor.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:

ü O prazo para a presentación dos traballos será dende o luns 27 de maio ata o 7 de xuño.


ü Un xurado emitirá o veredicto que se dará a coñecer o venres 14 de xuño.


ü Haberá premio!!!


ANÍMATE A CONCURSAR!!!

5/23/2019

LETRAS GALEGAS 2019

Os días 14, 15 e 16 de maio, como é costume no Centro, conmemoramos o Día das Letras Galegas con diversas obras de teatro interpretadas por distintos cursos. Ademáis os rapaces de sexto de primaria, previo ás obras, realizaron unha exposición na que contaron aspectos da vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas.

As pezas teatrais foron as seguintes:

4º de Educación Infantil: Cantaron e bailaron a canción "A vaca marela".

5º de Educación Infantil: Interpretaron unha peciña de teatro titulada "As ratiñas curiosas".

6º de Educación Infantil: Deleitounos coa peza de teatro "Pardal, o paxariño que non quería aprender".

1º de Educación Primaria: Disfrutamos destes rapaces coa obra "As damas non queren ser bobas".

5º de Educación Primaria: Interpretaron a obra "Roubannos a lingua".

6º de Educación Primaria: Sorprendéronnos gratamente coa "Caixa misteriosa".

Noraboa a todos polas interpretacións, das que disfrutamos moitísimo!!!!!