Por segundo ano consecutivo, e tras experimentar un éxito coa actividade no curso pasado, decidimos repetir a actividade dos "Apadriñamentos lectores" para conmemorar o "Día internacional do libro".
A actividade resultou tan conmovedora como a anterior. Os nenos de 2º e 3º ciclo apadriñaron aos pequenos do cole léndolles un contiño e os pequenos agasallaron aos seus padriños con un punto de lectura decorado por eles.
A actividade realizouse na cuarta sesión da mañá, unha vez rematada a lectura do conto xogaron xuntos, pequenos e maiores, coidando moi ben os padriños aos seus afillados.
A actividade realizouse na cuarta sesión da mañá, unha vez rematada a lectura do conto xogaron xuntos, pequenos e maiores, coidando moi ben os padriños aos seus afillados.