Durante a última semana do mes de xaneiro o alumnado dos diferentes cursos realizou diferentes traballos para progresar na procura dun camiño de Paz.
O resultado dos traballos realizados foi o seguinte:
- Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria traballaron co lema "XUNTOS POLA PAZ". Elaboraron un chulísimo mural.
- Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º decoraron o debuxo das súas mans que expuxeron na subida das escaleiras as súas aulas. O lema foi "LA PAZ ESTÁ EN NUESTRAS MANOS".
- A mestra de Plástica, coa colaboración do alumnado e de axudantes de biblioteca, fixo un mural dunha estupenda árbore elaborada con caras e corazóns. O lema é "DAMOS A CARA POLA PAZ" e a palabra PAZ en moitos idiomas.
- O luns 30 de xaneiro todo o alumnado do cole, xunto co equipo docente, reunímonos no patio para conmemorar o Día da Paz bailando a coreografía da canción "¿Por qué no dar la mano?" de Hombres G. Aquí permanecemos un pouco máis de tempo bailando e gozando todos xuntos.