O Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano en Europa ata a conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada da colleita na cultura celta e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura.
É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) coma de apertura ao outro mundo.
Significa "fin do verán".
No Cole celebrámolo da seguinte maneira:
- Alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria: decoraron cabazas, en familia, e expuxémolas no recibidor do edificio de Salvaddor de Madariaga.
- 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: decoraron sombreiros, en familia, e expuxémolos no edificio de Eduardo Pondal.
- O alumnado de 5º e 6º participou nun "scape room", onde mediante a realización de diversos retos acordes aos contidos curriculares traballados, recibían unha serie de pistas de cara a consecución dun obxectivo final. Estiveron moi entretidos, traballaron en equipo e acordaron a súa recompensa. Foi unha actividade XENIAL!!!!!!!
O venres 28 as familias que o desexaron pasaron ver as exposicións.
Quedaron xenial. Mirade!!!!
BIBLIOTECAS ESCOLARES de Bibliochicharrón Foz