Este proxecto nace dende o PDI de centro proposto para o curso 2022/2023, baseado na sostibilidade no camiño. Partindo deste punto, dende o programa de "Radio na Biblio", propúxose ao alumnado facer un traballo relacionado coa sostibilidade e a nosa contorna. O alumnado, tendo en conta a temática, quixo facer un traballo cunha finalidade, promocionar a súa Vila e facer que a poboación estea máis concienciada no coidado da mesma, conseguindo que sexa sostible e que podan vivir e desfrutar dela.
A partir deste momento, os dous sextos diverxeron en dous proxectos que se complementarían. Así elaboraron cadanseu tríptico e díptico informativo con enlaces e códigos QR para atopar máis información:
- TRÍPTICO: información turística e mapa con puntos de interese turístico, gravaron podcast sobre cada un destes lugares a visitar, así como a realización de entrevistas ao alcalde para fomentar o coidado da nosa contorna. Fixeron unha campaña de concienciación no mercado para fomentar a reciclaxe e evitar tirar o lixo ao chan e que se vaia ao mar. (Enlace tríptico)
- DÍPTICO: con información sobre o "feísmo",significado deste término e imaxes desta problemática no noso Concello. Inclúen podcast con entrevistas que fixeron na rúa e tamén ao alcalde, preguntado sobre o coñecemento desta situación e como se podería mellorar. (Enlace díptico)
Ambos traballos están incluídos en dous "Genially" ao que se pode acceder dende os QR publicados nos folletos informativos.
A finalidade deste traballo e co que se quedaron estes alumnos, é no sentimento de querer unha vila limpa e coidada, e para iso, son conscientes de que eles teñen que ser parte do cambio.
Axúdaslles?