12/16/2018

GUÍA DE LECTURA - NADAL 2018

No seguinte enlace podedes acceder á guía de lectura elaborada para estas vacacións de Nadal.

Desexamos que disfrutedes moito das lecturas!!

GUÍA DE LECTURA - NADAL 2018

12/05/2018

SORPRESAAAAA!!!!!

Estamos encantados de darvos esta nova!!

Fumos seleccionados na convocatoria da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do Proxecto "Radio na Biblio", para centros públicos integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Polo que neste curso teremos radio na biblio!!!!!! Estamos desexando poñer en marcha este proxecto e que todos vós compartades está ilusión con nós.

VÉMONOS NAS ONDAS!!!!


CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Hoxe conmemoramos  o "Día da Constitución e o Estatuto de Autonomía".

Todo o alumnado do centro, acompañado polos mestres, acudíu á biblioteca para disfrutar da interpretación dunha obriña de teatro a cargo do alumnado de sexto de Primaria. Nela déronnos a coñecer o que é una Constitución, así como algún dos dereitos e deberes fundamentais recollidos nela. Ademáis proxectaron un pequeno vídeo sobre a Constitución de 1978 e remataron a exposición cantando unha canción.

Todos aprendemos e disfrutamos un montón!!!