2/27/2020

ENTROIDO NO NÚMERO 1

Que ben o pasamos no desfile de entroido do número 1!!! 

O pasado venres 21, desfilamos polas rúas de Foz cos nosos disfraces relacionados co proxecto de centro "Foz, xente de aquí e de acolá". Así nos disfrazamos representando a distintos países:

- 4º Infantil: Americanos.
- 5º Infantil: Indianos.
- 6º Infantil: Exipcios.
- 1º Primaria: Bandeiras do mundo.
- 2º Primaria: Galicia.
- 3ºA Primaira: Turistas.
- 3º B Primaria:  República Dominicana.
- 4º Primaria: Españois.
- 5º Primaria: Peruanos.
- 6º Primaria: Chineses.
















2/19/2020

RADIO NA BIBLIO

Aquí van os programas 12 e 13 da nosa emisora "Chicharriños nas ondas", gravados polo alumnado de quinto de primaria. Nesta ocasión están dedicados, como non podía ser doutra maneira, ao "Entroido" festa moi celebrada no Concello; e a "Rosalía de Castro", xa que o vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o "Día de Rosalía".

PROGRAMA DE CHICHARRIÑOS NAS ONDAS Nº12: O ENTROIDO

PROGRAMA DE CHICHARRIÑOS NAS ONDAS Nº13: ROSALÍA DE CASTRO.

2/11/2020

TALLER DE RADIO

Os pasados luns 3 e 10 de febreiro, tivemos dúas sesións con dous xornalistas de "Radio Voz" de A Coruña, Loreto Silvoso e Pablo Portabales. Estas sesións foron dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, participantes no programa de "Radio na biblio" no que está inmersa a nosa Biblioteca Escolar.
Con eles fixeron diversas experiencias como a elaboración de cuñas publicitarias, a improvisación, quencemento da voz, respiración, entoación...
Os rapaces quedaron encantados.







2/05/2020

ACTIVIDADES DE IGUALDADE

O 30 e 31 de xaneiro, disfrutamos no cole dunhas actividades organizadas para a concienciación no noso alumnado da igualdade entre homes e mulleres.
No seguinte enlace podedes ver imaxes das xornadas:

Web do centro: Actividade de igualdade.

2/04/2020

CHICHARRIÑOS EN RADIO FOZ

Aquí van os enlaces aos últimos programas gravados polos nosos "Chicharriños" en radio Foz:


PROGRAMA DO 6/02/2020

PROGRAMA DO 30/01/2020

PROGRAMA DO 23/01/2020


11º PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Aquí vai o 11º programa de "Chicharriños nas Ondas" adicado ao "Día contra a non violencia e da Paz". Nesta ocasión foi preparado polo alumnado de sexto de Primaria.

11º PROGRAMA DE CHICHARRIÑOS NAS ONDAS: "DÍA CONTRA A NON VIOLENCIA E A PAZ"