Enlace ao cuestionario en "kahoot" para os colaboradores de biblioteca.
Recordade poñer en "nickname" o voso nome.
PIN XOGO 09843047
Enlace ao cuestionario en "kahoot" para os colaboradores de biblioteca.
Recordade poñer en "nickname" o voso nome.
PIN XOGO 09843047
Os nosos rapaces de quinto de primaria, inician o seu traballo no laboratorio de radio escolar... e como non podía ser doutra forma, adicamos unha sesión a probar os aparellos; rimos un montón!!
En nadiña publicaran o seu primeiro programa de "Chicharriños nas Ondas"...
É un proxecto itinerante que propón obradoiros para espertar o enxeño de nenos e nenas e axudarlles a sentirse cómodos nunha sociedade cambiante.
Os pasados 7 e 8 de outubro, o espazo itinerante Creativity, deseñado por Fundación La Caixa, visitou Foz e convidou a todo o alumnado de Primaria a participar nel.
A Fundación La Caixa, a través do seu programa Educaixa, ofrece á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos dirixidos ao alumnado e profesorado, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.
Que ofrece Creativity?
A través dun proxecto innovador de aprendizaxe inspirado no movemento Tinkering Exploratium de San Francisco, Creativity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.
O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, competir, colaborar, improvisar, traballar en equipo...
Oa alumnos traballaron competencias transversais no ámbito matemático, científico e tennolóxico.
O espazo itinerante Creativity estivo situado na Avenida da Ribeira e alí acudimos todo o alumnado de Primaria e mestres, en varias quendas, os días 7 e 8 de outubro, como xa dixera.
Fotos de 2º Curso
Fotos 1º Curso
Fotos 3º Curso
Fotos 4º Curso
Fotos 5º A
Fotos 5º B
Fotos 6ºCurso