3/22/2024

INTERCULTURALIDADE

 A auxiliar de conversa, Cristina, ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º explicoulles a tradición de San Patricks en Chicago.

En Plástica fixeron o seguinte mural que lles quedou chulísimo.

 


VISITA RESIDENCIA TERCEIRA IDADE

 O venres 15 de marzo o alumnado de 5º de Primaria, xunto coa súa titora, visitou a Residencia e Centro de Día da Terceira Idade de Foz para compartir dúas horas de lecer coas persoas maiores e coas súas coidadoras.

Gustounos moito e grazas ao persoal da Residencia por permitirnos compartir dúas horas con eles.

 


 












 

VISITA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA de Bibliochicharrón Foz

3/19/2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

 O día 8 de marzo celebramos os logros das mulleres en todos os campos e tamén pedimos máis avances na igualdade entre elas e os homes.

No cole, conmemorámolo da seguinte maneira:

  • Fixemos un mural para o recibidor do cole con caras de mulleres recortadas de revistas, coa participación de todos.
  • Visitounos Chus, mamá de Carmela, alumna de 3º.,traballa na Consellería de Medio Rural, no servizo de incendios forestais. Falounos da flora e fauna do entorno, da necesidade de coidalo, da perigosidade dos incendios e da necesidade de evitalos.
  • Nas aulas fixéronse traballos para reflexionar sobre a igualdade.
  • En Plástica, os cursos de 3º, 4º 5º e 6º fixeron a flor de "A nosa muller máis importante". Estas flores forman parte do mural da entrada.
  • O alumnado de 5º e 6º elaborou o libro titulado "As nosas mulleres", onde se poden ver mulleres galegas que destacan pola súa profesión: cantantes, científicas, futbolistas...
  • Este mesmo alumnado fixo tarxetas con "lemas" a favor da igualdade, para un photocall.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO de Bibliochicharrón Foz

3/15/2024

15 DE MARZO - DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria para conmemorar esta data realizamos esta presentación. Agardamos que vos guste!


15 de marzo de Docobo

3/12/2024

PLAN DIRECTOR

Hoxe, día 12 de marzo, visitounos un Garda Civil da unidade de SEPRONA. Falounos da Natureza, dos animais, das plantas, dos incendios, de como evitalos, da investigación e da necesidade de coidala.

Esta charla foi para 5º e 6º de Primaria e de unha hora de duración.

Estivo moi interesante.

 





3/08/2024

A VELLA NA BOTELLA

 Aquí vai o traballo de Radio Escolar do alumnado de quinto de primaria. Nesta ocasión organizámonos por grupos de traballo para ilustrar e poñerlle voz ao conto "A vella na botella" de Roberto Mezquita e Alejandro Galindo da Editorial OQO.

A VELLA NA BOTELLA POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA





 

3/07/2024

XLVIII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DE BEGONTE

 O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén electrónico, convocou o XLVIII Certame de debuxo Infantil sobre "O Nadal".

Nel, Dídac García Díaz, alumno de 2º curso de Primaria, acadou un dos tres primeiros premios, dotado con 60 euros e trofeo.

Os premios entregáronnos o 27 de xaneiro no acto de clausura das actividades de O Nadal de Begonte.

Parabéns para Dídac, para a familia e para a titora.

 




 

3/05/2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 23 de febreiro é o Día adicado a conmemorar a data do aniversario do nacemento da escritora, poeta e referente da cultura galega Rosalía de Castro e nós, coma todos os anos, celebrámolo.

  • O alumnado de Educación Infantil colaborou na elaboración do mural sobre a escritora e traballaron nas aulas diversos contidos relacionados co tema.
  • Os rapaces de Primaria, leron e ilustraron poemas de Rosalía para expoñelos polo cole.
     
  • As nenas e nenos de 2º ilustraron un poema do libro "Cantares Gallegos". Comezaron falando da vida da escritora, escoitaron algúns poemas musicados por Amancio Prada e leron a poesía. Traballaron tamén o vocabulario e buscaron información en internet sobre os alimentos mencionados nos versos. Por último, fixeron un debuxo no que interpretaron o que lles suxería o texto.

 

ROSALÍA DE CASTRO de Bibliochicharrón Foz

3/04/2024

PELÍCULAS E SERIES

 Nós, Paula Campo, Eliander, Paula López e Nico, investigamos sobre series e películas infantís, de acción, terror e comedia; así creamos este divertido podcast do que esperamos que disfrutedes moito a súa escoita!

ENLACE AO PROGRAMA