A parte dos traballos realizados nas distintas aulas, o alumnado que preparou esta exposición foi o de segundo de primaria.
Por qué celebramos esta data? Porque o 30 de xaneiro é o aniversario da morte do líder nacional e espriritual da India, o Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.
Gandhi é coñecido principalmente por ser un pacifista que desexaba ver libre ao seu país do dominio británico e que defendía os dereitos humanos sempre mediante métodos non violentos. Súa nai foi unha das persoas que máis influíu na súa vida e dela aprendeu o respecto polos seres vivos e a tolerancia cara a diferentes formas de pensar.
Mahatma Gandhi dicía:
"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".
Non basta con falar de paz; temos que crer nela e traballar día a día para conseguila.
A continuación os alumnos fixeron un decálogo coa esperanza de que xuntos aprendamos a ser persoas pacíficas e constructoras de paz:
1. Se un neno vive criticado aprende a criticar.
2. Se un neno vive con hostilidade aprende a pelexar.
3. Se un neno vive avergoñado aprende a sentirse culpable.
4. Se un neno vive castigado aprende a maltratar.
5. Se un neno vive sen cariño aprende odiar.
6. Se un neno vive con medo aprende a ser agresivo.
7. Se un neno vive con tolerancia aprende a ser tolerante.
8. Se un neno vive apreciado aprende a querer.
9. Se un neno vive con xustiza aprende a ser xusto.
10. Se un neno vive con aceptación e amor aprende a atopar amor no mundo.
Neste día pretendemos que esta fora unha xornada para reflexionar sobre que o amor é mellor que o odio, a non violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra.
Por iso dámosvos a todos as grazas por axudar a facer do mundo un lugar mellor!!
A continuación, o alumnado leron o conto "A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern.
Nel vimos
que o que fai realmente deliciosa a sopa é o ingrediente máxico da amizade porque un amigo está para escoitar, rir con nós, alegrarse coas boas novas ou para consolarnos cando o necesitamos.
Seguidamente recitaron o poema titulado
"Nada" de
María Canosa. Nesta poesía a autora cóntanos como moitas persoas poden sentirse felices a pesares de non ter nada material, tan só o amor dos seus.
Para rematar, pecharon a súa intervención neste acto interpretando a canción
"Yo quiero tener un millón de amigos" de
Roberto Carlos.