3/31/2020

BIBLIOTECA CREATIVA: ESPAZOMAKER

Compartimos con vós este vídeo esperando que vos axude a entretervos un anaquiño vendo estes experimentos tan divertidos.

Fixeches algún experimento nestes días? Se fixeches algún ou algunha manualidade que queiras compartir con todos podes facelo, envíanos algunha foto, video... ao noso email (ceipdefozn1@gmail.com) e compartirémolo no blog.


 #Euquedonacasa #Bescolaresabertas

LIBROS DE BALDE DURANTE A CORENTENA

 Nos seguintes enlaces tedes acceso a diferentes libros en formato dixital que ofrecen distintas plataformas neste período de corentena:

A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas: GaliciaLe: Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

EDITORIAL AIRA: De balde o novo cómic, "Carriandola" 

EDITORIAL ANAGRAMA: Cinco títulos en formato dixital gratuítos. 

PENGUIN AUDIO: Audiolibros gratis todos os xoves.

PLANETA DE LIBROS: Para adultos e peques.

OLGA DE DIOS: Permite a descarga de tres dos seus libros: LEOTOLDAEN FAMILIA e PÁJARO AMARILLO. e de debuxos para colorear

SALVAT: Contido gratuíto durante a corentena. 

APRENDICES VISUALES: Contos con pictogramas.


Esperamos que vos sirvan de axuda para entretervos nalgún momento. Ánimo... vai quedando menos!

#Euquedonacasa
#Bescolaresabertas




3/27/2020

FERMOSA POESÍA....

Queremos publicar a poesía escrita pola nosa alumna Aroa Dovale Pérez, que escribíu polo "Día da poesía". A temática que escolleu, como non... non podía ser outra!
 Encántounos Aroa! Moitas grazas pola túa colaboración!


CONTOS CONTADOS

Queremos compartir con vós a iniciativa da editorial Kalandraka "Contos contados", na que diariamente aparecen algún dos contos que editaron ao longo destes anos. Accederedes á canle premendo no enlace:

KALANDRAKA TV

Tamén o vídeo ao que Charo Pita nós convidou a compartir coas nosas familias:


3/23/2020

VÍDEO ENTROIDO 2020

No seguinte enlace podedes disfrutar dun fantástico video do entroido no noso cole que nos gravou e montou Lucía Villarino Lestegás, á que porsuposto lle damos as grazas!

Esperamos que o disfrutedes!

VIDEO - ENTROIDO NO NÚMERO 1 2020

3/21/2020

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe é o Día Mundial da Poesía. En 1998, a organización Unesco, propuxo celebrar cada 21 de marzo esta conmemoración co propósito de fortalecer a cultura no noso planeta. En Europa chamámoslle Primavera dos Poetas.

Para conmemorar este día compartimos convosco esta canción adicada á nosa Rosalía de Castro. Animámosvos a escribir un poema que podedes enviar ao enderezo da biblioteca (ceipdefozn1@gmail.com) e publicarémolo no noso blog.  

Que pasedes un bo día!

#euquedonacasa #bescolaresAbertas

3/17/2020

CONCURSO: "CONTOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ"

Estimadas familias,

Nestes días complicados, dende a biblioteca escolar, queremos ofrecer unha iniciativa para axudarvos a pasar esta situación da mellor maneira posible. Así establecemos este concurso no que poden participar, de xeito voluntario, todo o alumnado do centro.
Nos enlaces tedes as bases do concurso e a plantilla para a realización da tarefa.

Moito ánimo a todos, xuntos podemos!


#EUQUEDONACASA


RECREOS MAKER

Nos períodos de recreo, os nosos rapaces utilizan o "Espazo Maker" dende o mes de novembro. Anótanse libremente, establecendo así quendas para non colapsar o espazo, así como os materiais que poden empregar. Ademáis, contan con dous "monitores maker" (alumnado "axudnates de biblioteca" de quinto e sexto de primaria), organizados en turnos.
Nestes últimos meses xogaron co "Code & Go" un rato con moita gaña de comer queixo..., co robot de Lego "Wedo" e cos escornabots, empregando os paneis de xogo que os rapaces de cuarto e sexto de primaria elaboran na clase de robótica.
Tamén xogan con outros materiais manipulables como cubos de rubik, bola laberinto...






PANEIS PARA ESCORNABOTS

Neste último trimestre, nas clases de robótica, o alumnado de cuarto e sexto de primaria, por grupos, estiveron traballando na elaboración de paneis para os escornabots, coas súas respectivas normas de xogo. A temática empregada foi de libre elección; así temos paneis deportivos, do espazo, da idade media, de historia, matemáticos... e xa empezamos a xogar cos primeiros paneis rematados.

Gran traballo rapaces!










Os grupos que remataron comezaron a programar co robot "Wedo". 



 

CONTACONTOS INFANTIL

Na última semana, tivemos pola nosa biblio aos alumnos de 4º e 5º de Infantil. Puideron escoitar un conto da man de "Mari Paz" e disfrutar do espazo e contos que temos para eles.
Queda pendente a visita do alumnado de 6º de Infantil, que por mor da interrupción das clases pola alerta sanitaria provocada polo "Coronavirus", non puideron asistir á cita prevista para eles.














EXPOSICIÓN 8M E ROSALÍA DE CASTRO

Estes son os materiais que tivemos expostos na nosa biblio para ler e investigar sobre Rosalía de Castro e para o 8M.

MATERIAIS 8M

ROSALÍA DE CASTRO






3/09/2020

8M

Dende o noso Centro contribuímos neste 8 de marzo na visualización do papel da muller na sociedade. Nesta ocasión, os rapaces de quinto de primaria, interpretaron unha pequena obra de teatro, onde expuxeron diversas situacións cotiás nas que a muller está en inferioridade con respecto ao home (salarios, tarefas domésticas, coidado dos fillos...), con diferentes acompañamentos musicais.















3/04/2020

CULTURAS EN DIÁLOGO

Hoxe tivemos a sorte de asistir como convidados á inauguración da exposición "Culturas en diálogo" da Rede Museística Provincial.
Foi o remate dun obradoiro que se levou a cabo no noso colexio e que servíu para investigar e reflexionar sobre a migración.