O Día Internacional da Muller, orixinalmente
coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado
cada 8 de marzo
e recoñecido pola ONU como unha xornada para
reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na
sociedade.
Nós no noso centro tamén o conmemoramos con traballos
de aula:
v En primeiro centráronse no traballo das mamás, tanto
doméstico como fóra da casa; fixeron debuxo individual sobre o tema.
v En segundo traballaron o conto “O libro dos porcos”.
v En terceiro fixeron un poema con lectura en común de
todo o grupo, acompañados con música de fondo.
v En cuarto centraron o traballo en Malala.
v En quinto buscaron información nas redes sobre
mulleres que destacaran na Historia.
v En sexto centraron o traballo na problemática actual
da muller no mundo. Investigaron para completar a información de quinto e
plasmaron todo nun mural.
Os traballos realizados polos diferentes cursos expuxéronse
nos distintos espacios do colexio.
O venres 13 de
marzo de 2015 xuntámonos no salón de actos tódolos cursos de Primaria para unha
posta en común dos distintos traballos realizados.
Resultou moi interesante.