6/01/2026

MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS E TEATRO

  •  Programa de "Biblioteca creativa"

Para rematar o traballo do PDI, na área de PC, Noelia e Jose xunto co alumnado de 5º, 6º divididos en sete grupos e coa colaboración de 3º e 4º de Primaria investigaron sobre os 7 museos, os sete autores e os sete cadros, deseñaron e montaron o MUSEBOT: O MISTERIO DOS 7 MUSEOS na aula de "polos creativos". 

É un xogo de mesa no que se despraza un escornabot despois de lanzaren un dado e seguindo a dirección axeitada para chegar á casiña elexida.

Segundo as ilustracións das casas onde caian teñen que resolver retos relacionados co espazo maker e robótica ou escoitar audios gravados polos rapaces de 5º e 6º para adiviñar de que museo se trata. O autor poderán descubrilo resolvendo un xeroglífico e descubrirán o cadro do autor a través dun código QR.

O obxectivo é chegar á casiña do final descubrindo os 7 museos, 7 pintores e e7 pinturas acadando un agasallo individual.

Por esta aula de "Polos creativos" todos os cursos pasaron xogar, por quendas e en dúas sesións, a última semana de maio e a primeira de xuño. 


investigando, deseñando... de Bibliochicharrón Foz

  • A derradeira actividade relacionada co PDI é a obra de teatro titulada "Folga no museo do Número 1", escrita e dirixida polo alumnado de 6º de Primaria, o seu titor e a mestra de Música.
Nela, as rapazas e rapaces representan 8 pintores cos seus respectivos 8 cadros.
Nesta obra, os cadros, de forma cómica, cobran vida e comezan a reclamar dereitos laborais.
Chegarán a un acordo?
Agardamos saír de dúbidas no festival de fin de curso o vindeiro 19 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario