Na última quincena de outubro traballamos para celebrar O Samaín e rematamos coa festa do magosto o día 30 do mesmo mes.
- Fixemos exposicións de cabazas, de vasoiras e sombreiros decorados.
- Compuxemos uns murais chulísimos.
- Decoramos o cole con motivos relacionados.
- Taballamos por aulas.
- Nas clases de Música ensaiaron a coreografía de "Thriller" de Michael Jackson coa que nos agasallaron o día do magosto.
- Na materia de Arts traballaron a Tim Burton. Despois de investigar sobre a súa vida e traxectoria profesional comezamos a traballar artísticamente con diferentes películas que el dirixiu:
- Terceiro de Primaria fixo deseños de"Eduardo manos tijeras".
- Cuarto deseñou a súa propia "Novia cadáver" e un gran mural de "Beetlejuice".
- Quinto e sexto, ademáis de deseñar o seu propio personaxe ao estilo Tim Burton, crearon un poster de "Frankenwenweenie" e de "Pesadilla antes de Navidad".
Resumo dos traballos realizados:
SAMAÍN 1º PRIMARIA de Bibliochicharrón Foz
Ningún comentario:
Publicar un comentario