4/24/2025

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril celébrase en todo o mundo O DÍA DO LIBRO co obxectivo de fomentar a lectura.

Foi en 1988 cando a UNESCO promoveu por primeira vez a celebración  deste simbólico día para a literatura mundial. 

Nós, no colexio, tamén o celebramos de varias formas:

  • Os apadriñamentos lectores: o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria foron os padriños e madriñas do resto dos nenos e nenas do cole. Na cuarta sesión do día 23, léronlles contos, charlaron e xogaron todos xuntos.
  • Todos os afillados e afilladas agasalláronos con marcadores de lectura deseñados e decorados por eles.
  •  As nenas e nenos de 2º Ciclo gravaron un video na biblio amosando as diversas actividades que se poden facer nela, desde un concerto de música ata xogar no espazo maker.


Deseño de Bibliochicharrón Foz 

  •  Agasallo de marcadores do punto de lectura para todo o alumnado, mestras e mestres elaborados no PFPP de polos e repartidos polos axudantes de biblioteca.

 
 


 
 


  























 "Ler danos un sitio a onde ir cando temos que quedarnos onde estamos".

FOI UNHA XORNADA XENIAL, GOZAMOS MOITÍSIMO!!!


 

 

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario