A semana pasada, aproveitando o bo tempo de outono, o alumnado de Infantil xunto cos seus profes fixeron unha pequena saída a un horto a carón do cole.
Alí puideron ver maceiras, limoeiros, a planta dos kiwis (que para eles era unha cova fantástica) e a dos alquequenjes.
Recolleron froitos para levar ao cole e poder degustalos.
Xogaron e gozaron do aire libre e da natureza.
FOI UN DÍA ESPECIAL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario