O 24 de outubro, no cole, despois do recreo, celebramos O Día das Bibliotecas Escolares con varias actividades.
Elaboramos murais para os dous edificios e os Axudantes de biblioteca, repartidos en catro grupos, organizaron actividades por Ciclos:
- A Educación Infantil contáronlles uns contos, reunidos no recibidor do seu edificio.
- A 1º Ciclo reunírono na biblioteca para contarlles contos e facerlles unha "Búsqueda do tesouro".
- A 2º Ciclo fixéronlles unha "Búsqueda do tesouro" e contáronlles un conto.
- O alumnado de 5º deseñou e elaborou chapas conmemorativas para cada neno e nena do cole.
- Seis alumnos e alumnas de 5º prepararon un "Teatro lido" e escenificárono para os seus compañeiros e para o alumnado de 6º.
- A continuación de cada actividade pasaron pola biblioteca para mostrárllela de novo e invitalos a usala nos recreos ou en calquera outra sesión do horario lectivo. Os rapaces de 5º ían agasallándoos con cadansúa chapa que eles deseñaron.
- Entregáronse as "mochilas" e "bolsiñas viaxeiras" a cada curso.
Foi un gran día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario