O alumnado de 4º de Infantil, 1º, 2º e 6º de Primaria foi o encargado de agasallarnos co FESTIVAL DE FIN DE CURSO cunhas excelentes interpretacións.
O mércores día 12, actuaron para a xente do cole e o xoves 13 fixérono para as súas familias.
- 4º de Infantil bailou ao son da canción "Trece ratos bailando o twis".
- 1º e 2º de Primaria interpretaron xuntos a obra "Rebelión no país dos contos".
- 6º de Primaria inventaron e escenificaron a peciña " Os obxectos perdidos do cole Nº 1 de Foz".
FOI UN PRACER VELOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario