5/07/2024

COÑEZO E COIDO A CONTORNA: A APICULTURA

 O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria traballaron unha parte do PDI anual "Coñezo e coido a contorna" adicado ás abellas e a todo o que as rodea: "A apicultura".

 

  • Solicitouse a colaboración das familias para que aportaran todo tipo de materiais tanto necesarios para traballar coas abellas como bibliográficos. Todo o aportado expúxose no recibidor do colexio tanto para ser visibilizado, como para traballar con el nas aulas.

  • O alumnado realizou pequenos proxectos de aula.
  • Para rematar o Proxecto, completouse a exposición inicial cos traballos realizados nas aulas.

A APICULTURA de Bibliochicharrón Foz

Todos os nenos e nenas pasaron pola exposición, ben sos ou acompañados polos seus mestres.

Gustounos moito, noraboa aos participantes.

Hoxe, 8 de maio, visitounos Beatriz do Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia" para darlles unha charla ao alumnado de Primaria sobre a apicucultura. Trouxo varios materias necesarios nesta actividade e agasallos para cada neno: mel e bolsiñas.

 






E se queredes saber algo máis deste consello regulador éste é o enlace:

Mel de Galicia

E para rematar o traballo de A apicultura, onte 22 de maio visitou ao alumnado de Educación Infantil Marifé, apicultora de O Valadouro. Fixo unha gran exposición didáctica sobre o seu traballo: exposición de materiais, explicacións, teatriño cos nenos, manipulacións diversas... 

Gozaron moitísimo.

A APICULTURA de Bibliochicharrón Foz

A semana do 21 ao 24 de maio, de 9:05 a 9:30 e de 13:30 a 13:50, as familias que puideron podían pasar ao cole e visitar as exposición dos traballos realizados e relacionados co PDI anual "Coñece e coida a contorna".

ESPEREMOS QUE VOS GUSTARAN OS TRABALLOS REALIZADOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario